10/12/09

Diccionario Temático e Visual en castelán:

 


O obxectivo desta web_diccionario é facilitar a aprendizaxe do vocabulario e  a comprensión lectora no alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, tamén para nenos/as que teñan descoñecemento do idioma.


Premendo na imáxe accederás a él:


 leoleo.jpg


 

9/12/09

Contra a discriminación e a violencia de xénero:

Porque estamos a favor da Igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres e en contra de toda discriminación; dende a nosa biblioteca unímonos a tódalas Bibliotecas Escolares da Galicia amosando este simbólico lazo.


lazo.jpg


Teremos como obxectivo seleccionar lecturas que tanto nas súas ilustracións coma nos seus textos  fomenten a coeducación e a igualdade.

APRENDO A ESTUDIAR:

Rebuscando pola rede apareceu unha páxina moi interesante para poder aproveitar ben o tempo cando nos poñemos a estudiar... non deixes de visitala premendo na imáxe que aparece abaixo:


aprende_a_estudiar.JPG

7/12/09

Ler gustanos...








Obxectivos dunha Biblioteca Escolar para a UNESCO:

As bibliotecas cumpren unha importante función nas escolas e na sociedade, por que se encargan de traballar cos nenos, axudándoos a desenvolver as habilidades de lectura e escritura, necesarios para o seu crecemento integral. Con todo, para acadar a súa misión debe de establecer políticas de acción que lle permitan proporcionar servizos e productos informativos didácticos e útiles para os nenos.


cartel_biblio1.jpg

 


Entre os obxectivos que teñen que cumprir estas unidades de información, a UNESCO estableceu os seguintes:




  • Apoiar e realizar os obxectivos do proxecto educativo do centro escolar e do plan de estudos; 



  • Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida; 



  • Ofrecer oportunidades para realizar experiencias de creación e utilización de información a fin de adquirir coñecementos, comprender, desenvolver a imaxinación e entreterse; 



  • Prestar apoio a todos os alumnos para a adquisición e aplicación de capacidades que permitan avaliar e utilizar a información, independentemente do seu soporte, formato ou medio de difusión, tendo en conta a sensibilidade ás formas de comunicación que existan na comunidade; 



  • Facilitar o acceso aos recursos e posibilidades locais, rexionais, nacionais e mundiais para que os alumnos teñan contacto con ideas, experiencias e opinións varias; 



  • Organizar actividades que estimulen a concienciación e a sensibilización no plano cultural e social; 



  • Traballar co alumnado, o profesorado, a administración e as familias para realizar o proxecto educativo do centro escolar; proclamar a idea de que a liberdade intelectual e o acceso á información son fundamentais para exercer a cidadanía e participar nunha democracia con eficiencia e responsabilidade; 



  • Fomentar a lectura e promover os recursos e servizos da biblioteca escolar dentro e fóra do conxunto da comunidade escolar.



 


 Estes obxectivos están orientados a lograr unha maior comunicación entre os membros da comunidade escolar, co único obxectivo de lograr que os nenos poidan aprender e desenvolver os seus coñecementos en función a unha base forxada no ensino da lectura e a escritura, a través das actividades de promoción da lectura, así como cumprir cos obxectivos do sistema educativo nacional.

22/11/09

Comprensión Lectora: Practica PISA

¿Pasarías a proba PISA de comprensión lectora?
¿Queres practicar no teu ordenador?
Preme neste enlace:


PRACTICA PISA

LEER.ES

leer.gif


O pasado 12 de novembro, o Ministro de Educación deu a coñecer o centro virtual sobre a lectura, Leer.es, un espazo para o encontro de mediadores e lectores.









Posteriormente tivo lugar en Madrid, durante os días 13, 14 e 15 denovembro, o congreso Leer.es destinado a técnicos e responsables de programas de fomento de lectura, proxectos e plans lectores, programas de bibliotecas escolares, asesores e formadores no ámbito da lectura procedentes das distintas comunidades autónomas. Puideron seguirse directamente as sesións a través do blog do congreso, onde nos vindeiros días (segundo os organizadores) estarán accesibles as distintas conferencias e paneis específicos. Falouse de comprensión lectora, de adquisición da competencia lectora e escritora, de acceso á información, de plans de lectura institucionais, de formación do profesorado para unha mellor educación lectora das novas xeracións, da lectura dixital, da avaliación, das bibliotecas escolares, da lectura que favorece a aprendizaxe, das necesidades do profesorado que traballa nestes ámbitos, das novas necesidades na formación das persoas lectoras... Redactáronse unhas conclusións que estarán tamén dispoñibles neste novo espazo.

15/11/09

15 de Novembro de 1907

Pois tal día coma ese ... foi publicada a primeira tira de COMIC nun xornal de San Francisco, dende entón non hai prensa que se precie que non teña ese espazo.  E o xénero literario do "comic"  ten ben gañado o seu recoñecemento na animación á lectura en tódolos ámbitos e idades.


mafalda.jpg

12/11/09

Usa a biblioteca...

 


usa_biblioteca.jpg 


 Usa tu biblioteca...


 la echarás de menos cuando  te vayas...


Usa a biblioteca...


 cando te vaias botarala en falta...

Que é o BOOKCROSSING?:

Estarás a preguntarte que é Bookcrossing. É un clube de libros global que atravesa o tempo e o espazo. É un grupo de lectura que non coñece límites xeográficos. Gústanche os libros gratis? Que tal os clubes de libros gratis? Pois ben, os libros que os nosos membros liberan son gratis... pero é o acto de liberar libros o que chega ao corazón de BookCrossing. Intercambiar libros nunca foi máis excitante que con BookCrossing. A nosa meta, simplemente, é converter ao mundo enteiro nunha biblioteca.


 BookCrossing é un intercambio de libros de proporcións infinitas, o primeiro e único da súa clase.


Para saber máis, entra na páxina de BookCrossing-Spain, preme na imáxe inferior:


dia_bibliotecas.jpg

Para saber todo sobre "O LIBRO ELECTRÓNICO"

Nestes tempos de cambio, tamén a lectura está a transformarse, uns nenos e nenas que pertencen xa á época dixital terán á súa disposición libros electrónicos.


Para saber algo máis, sobre o libro dixital preme na imáxe e terás acceso a unha videoconferencia sobre o tema:



libro_electronico_chicalee.jpg


O seu despegamento foi lento pero está claro que os lectores de libros electrónicos viñeron para quedarse.  Deica pouco estes lectores poden ser  tan habituais nas casas como o son hoxe os teléfonos móbiles, un deses produtos que cando  miras detidamente pensas en como podías vivir antes sen eles.

9/11/09

ADEUS A FRANCISCO AYALA:

ayala_vida2.jpg

(Para o visionado dun video-entrevista a Francisco Ayala preme na imáxe) 


O escritor Francisco Ayala morreu ó día 3 de Novembro aos 103 anos de idade en Madrid. Era o único escritor que quedaba dá xeneración do 27. Ao longo da súa carreira literaria, Francisco Ayala erixiuse como un dos escritores máis importantes en lingua hispana, cultivando numerosas mencións pola calidade semántica e formal dos seus escritos como o demostran os seguintes

Premios :

Premio de la Crítica de Narrativa en castellano (Asociación Española de Críticos Literarios) en 1972 por El jardín de las delicias.
Premio Nacional de Narrativa en 1984 por Recuerdos y olvidos. 
Premio Nacional de las Letras en 1988.
Premio Por Granada en 1998 "pola defensa dos intereses da cidade".
Premio Andalucía de Literatura y Las Letras en 1989.
Premio Miguel de Cervantes en 1991.
Premio Príncipe de Asturias das Letras
Premio de la Fundación Fernando Abril Martorell en 2001 pola súa contribución á superación das etapas da discordia que vivimos ao longo da nosa historia recente.

Premio Internacional de las Letras de la Fundación Cristóbal Gabarrón en 2004.
Premio Antonio de Sancha concedido pola Asociación de Editores de Madrid en 2005.

8/11/09

4 Décadas para "Barrio Sésamo":

Millóns de nenos de todo o mundo tiveron as súas primeiras nocións sobre cores, números, formas e tamaños, e sobre o mundo no que viven, a través de bonecos como os inseparables amigos Epi e Blas de Barrio Sésamo. O primeiro programa  emitiuse o 10 de novembro de 1959 na televisión pública de Estados Unidos.


"Epi e Blas" en Youtube



 


barrio_sesamo.jpg


 


 Catro décadas e 4.135 episodios despois, os bonecos do desaparecido Jim Henson, o lexendario creador de The Muppet Show, coa porquiña Piggy e A rá René instaláronse nas televisións de todo o mundo, dende Latinoamérica até China, pasando por países tan dispares coma Rusia, Sudáfrica e a India.

50 Aniversario de Asterix e Obelix:

Estamos no ano 50. A Galia enteira está ocupada polos románs...Toda?. Non! Unha aldea poboada por irreductibles galos ainda resiste ao invasor,....
asterix_asterix-obelix2.jpg
Estes días o famoso cómic Asterix e Obelix está de aniversario: Cumple nada menos que 50 anos. O primeiro álbum saiu o 29 de outubro de 1959.
Este cómic creado por René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (debuxante), ten a peculiaridade de gustar igual a maiores e a pequenos.
Na nosa biblioteca atoparás a súa colección. Recordamosche algúns títulos:
Asterix e os xogos olímpicos (inolvidable o momento en que a burocracia casi os fai perder)
Asterix en Hispania.
Asterix e Cleopatra
Asterix e a cizaña
Asterix dos belgas,...


 


Páxina Oficial de Asterix e Obelix



Asterix e Obelix en Youtube videos

Bolechas: " O campión das Pontes"

800_bolepontes.jpgOs Bolechas están nas Pontes celebrando a festa da Fraga. Móntanse cabanas á beira do río e eles paran na das súas amigas Rebeca e Lorena, dúas xemelgas que só se distinguen polo lunar xunto á boca. Celébranse moitos concursos e eles participan no de tiro con arco: fixeron cadanseu arco cun pau e un cordel ben tensado. Felipe Eduardo, un rapaz fachendoso, compite cun arco olímpico e por iso gaña. Ao día seguinte hai un concurso de escalada e como leva mellor esquipamento, e ademais vai á escola de escaladores, volve gañar. Por último queda o da regata de piraguas, pero el ten unha piragua olímpica e vai á escola de remeiros. E, claro, volve derrotalos. Até que o convidan a unha partida de parchís. Por fin perde.
Mais mesmo niso é fachendoso: considérase o perdedor de parchís máis grande do mundo.

27/9/09

De interese para o profesorado:

Nos videos  sobre o Proxecto Meiga  que se poden atopar premendo na imaxe, terás información de importancia sobre o devandito proxecto de organización das Bibliotecas Escolares Galegas:


 pmeiga.jpg

Achegándo os xéneros literarios aos máis pequenos:

Neste video, de boa calidade, tanto na presentación coma no seu contído amósase a maneira de achegar aos máis pequenos de Primaria os xéneros literarios:








SUXERENCIAS PARA TRABALLAR NA BIBLIOTECA:

Premendo na imáxe que ilustra este post irás dar cunha páxina que amosa moitas suxerencias para traballar cos nenos os diferentes xéneros literarios.




libro_bmp.bmp



Agardamos que vos resulte de utilidade.

Naia e a Biblioteca Máxica...

Unha maneira de interesar aos nenos e nenas pola Biblioteca a través do teatro.








.

Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter

15/6/09

DEZ IDEAS PARA ANIMAR A LER:

animar-a-ler.bmp


1. A atmosfera: Apagar a luz grande do teito e acender unha lámpada de mesiÑa ou flexo que ilumine o libro, e deixar o resto da habitación ás escuras. Así creamos unha atmosfera onde o libro é o punto de atención. br />


2.O entusiasmo: Non tratemos a lectura ao neno como un engorroso trámite, echémosle ganas: voz forte, segura, convincente. é inútil lerlle a un neno con desgana ou mecanicamente. Se se dan conta que a nós non nos interesa, eles vanse a desinteresar ao minuto.


3. Teatralizar: Failles a lectura moito mais amena. Nos diálogos, faga voces distintas para cada personaxe; iso encántalles.


4. Retocar: Non teñamos o máis mínimo complexo de alterar palabras do texto. A miúdo os autores esqueceron cal é o rexistro idiomático dun neno de 3, 4 ó 5 anos e empéñanse en lucirse con palabras innecesariamente complexas.


5. Modas: Ollo coas modas politicamente correctas!, como a actual onda de libros concienciados sobre interculturalidad, racismo, actitude cara aos inmigrantes ou os discapacitados. Abúrrenlles profundamente. Antes de ir durmir o que queren é que lles conten historias, aventuras, peripecias?, a vostede gustaríalle que lle desen leccións de urbanidade ás nove da noite?.


6. Cómics: Moitos nenos de 4,5 e 6 anos non tragan os libros tipo Paquito vai ao supermercado ou Laurita colecciona flores. Queren historias con formulación, nó e desenlace que teñan acción. Se non atopan libros así, bote man, resumindo diálogos, de cómics antigos (ollo, porque as novas series son sombrías, para adultos, nada que ver coas inxenuas historias editadas nos anos 70) de Superman, Spíderman, Batman, Tarzán? o Home Enmascarado encántalles!.


7. Clásicos, ao seu tempo: Os contos de Andersen ou os Irmáns Grima teñen moita calidade literaria e serían moi eficaces cos nenos do século XIX, pero no século XXI están afastados do mundo, os conceptos e a linguaxe dos nosos fillos. E moitos son exageradamente tráxicos. Non hai que ocultar aos nenos que a vida ten as súas traxedias, pero tampouco se trata de lerlles cada noite un dramón lacrimóxeno. Tamén é conveniente fuxir desa moda dos libros de poesía aos que pondo catro debuxos cren converter en lecturas para nenos. Non hai que correr sen saber andar. Ler a Marti Pol con 40 anos pode ser un pracer, con 5 é un martirio.


8. Apertar sen afogar: Haberá días que estará cansado, pouco atento, nervioso e non teña ganas de ler?, pois mañá será outro día!. Ao día seguinte lembrarémoslle que temos unha marabillosa historia que contarlle. Hai que facer da lectura diaria un hábito, pero non unha obrigación.


9. Librarías: Deberiamos incluílas nos paseos lúdicos. Non debemos obrigarlles a coller os libros: que miren, que vexan, que pululen. A froita cae cando está madura, e a libraría están cheas de froita fresca.


10. Regala libros: A moda do aniversario infantil en que cada neno leva un pequeno obsequio chea as casas do celebrante de pequenos cachivaches? case ninguén compra libros!. O próximo aniversario ao que acuda o voso fillo, que regale un libro ben atractivo, que o escolla el, e así el afarase a entrar nas librarías.


Libraría Malleira

1/6/09

.





Myspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace GlitterMyspace Glitter

800_sistemasolar.jpg

Kenqueoké, para saber e xogar:

Temos que agradecer a visita ó blogue dunha mestra que se chama Belén Junquera e que nos aporta o contido deste post feito por ela:







Por visitarnos e por axudarnos ¡¡Grazas!!

31/5/09

ANO INTERNACIONAL ASTRONOMÍA

O ano 2009 é adicado como Ano Internacional da Astronomía e ten na rede unha páxina propia e ben interesante, na parte esquerda da páxina aparece un Indice temático para poder navegala mellor.


O enlace para acceder á páxina é o seguinte:


2009 AÑO INTERNACIONAL DE LA ASTRONOMÍA

EL UNIVERSO: Más allá del Big Bang





EL UNIVERSO: Los secretos del Sol





29 de Maio: "´Día Internacional da Astronomía"

logo_astronomia.jpg Este ano é o Ano Internacional da Astronomía, feito que queremos conmemorar no centro con exposición de libros, visualización de videos e outras actividades relativas a este interesante tema.


Engadimos aquí uns enlaces para obter información sobre Astronomía, Lecturas relacionadas, Biografías e outros medios documentales que nos poden axudar a levar adiante o traballo proposto.


ENLACES DE INTERES:


LECTURAS ASTRONOMÍA


ASTRONOMÍA EDUCATIVA


BIOGRAFÍAS ASTRÓNOMOS


MÁIS LECTURAS SOBRE ASTRONOMÍA


UNIVERSO E SISTEMA SOLAR


SISTEMA SOLAR BÁSICO


DESCUBRIENDO EL UNIVERSO


ASTRONOMÍA Y TICs


VISTAS DENDE O ESPACIO


FOTOS GALAXIAS


PÁXINA DE NOVAS SOBRE ASTRONOMÍA


A ORIXE DO UNIVERSO (Video)


HISTORIA DO UNIVERSO (Video)

25/5/09

Alumnos e alumnas colaboradores da Biblioteca:

Coma tódolos anos alumnos e alumnas de Sexto de Primaria son os encargados de facer diferentes tarefas na Biblioteca durante o tempo de recreo.


Dende aquí o noso agradecemento e as súas imáxes:




20/5/09

Morre o poeta da tenrura: Mario Benedetti

O día 17 de Maio, deixounos para sempre Mario Benedetti, un poeta cheo de sensibilidade e tenrura. Naceu en Montevideo no ano 1920 e con 29 anos publicou o primeiro libro.
Aquí temos un video do poema "Estados de ánimo":







NO TE SALVES
No te quedes inmóvil
al borde del camino
no congeles el júbilo
no quieras con desgana
no te salves ahora
ni nunca
no te salves
no te llenes de calma
no reserves del mundo
sólo un rincón tranquilo
no dejes caer los párpados
pesados como juicios
no te quedes sin labios
no te duermas sin sueño
no te pienses sin sangre
no te juzgues sin tiempo


pero si
pese a todo
no puedes evitarlo
y congelas el júbilo
y quieres con desgana
y te salvas ahora
y te llenas de calma
y reservas del mundo
sólo un rincón tranquilo
y dejas caer los párpados
pesados como juicios
y te secas sin labios
y te duermes sin sueño
y te piensas sin sangre
y te juzgas sin tiempo
y te quedas inmóvil
al borde del camino
y te salvas
entonces
no te quedes conmigo.

1/5/09

Un libro para o profesorado:

Chegou ó colexio un libro interesante para o profesorado, trata sobre o Traballo por Proxectos en Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Pódese descargar tamén premendo na imáxe da portada:


traballo_proxectos.JPG