As bibliotecas cumpren unha importante función nas escolas e na sociedade, por que se encargan de traballar cos nenos, axudándoos a desenvolver as habilidades de lectura e escritura, necesarios para o seu crecemento integral. Con todo, para acadar a súa misión debe de establecer políticas de acción que lle permitan proporcionar servizos e productos informativos didácticos e útiles para os nenos.
Entre os obxectivos que teñen que cumprir estas unidades de información, a UNESCO estableceu os seguintes:
- Apoiar e realizar os obxectivos do proxecto educativo do centro escolar e do plan de estudos;
- Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida;
- Ofrecer oportunidades para realizar experiencias de creación e utilización de información a fin de adquirir coñecementos, comprender, desenvolver a imaxinación e entreterse;
- Prestar apoio a todos os alumnos para a adquisición e aplicación de capacidades que permitan avaliar e utilizar a información, independentemente do seu soporte, formato ou medio de difusión, tendo en conta a sensibilidade ás formas de comunicación que existan na comunidade;
- Facilitar o acceso aos recursos e posibilidades locais, rexionais, nacionais e mundiais para que os alumnos teñan contacto con ideas, experiencias e opinións varias;
- Organizar actividades que estimulen a concienciación e a sensibilización no plano cultural e social;
- Traballar co alumnado, o profesorado, a administración e as familias para realizar o proxecto educativo do centro escolar; proclamar a idea de que a liberdade intelectual e o acceso á información son fundamentais para exercer a cidadanía e participar nunha democracia con eficiencia e responsabilidade;
- Fomentar a lectura e promover os recursos e servizos da biblioteca escolar dentro e fóra do conxunto da comunidade escolar.
Estes obxectivos están orientados a lograr unha maior comunicación entre os membros da comunidade escolar, co único obxectivo de lograr que os nenos poidan aprender e desenvolver os seus coñecementos en función a unha base forxada no ensino da lectura e a escritura, a través das actividades de promoción da lectura, así como cumprir cos obxectivos do sistema educativo nacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario