Millóns de nenos de todo o mundo tiveron as súas primeiras nocións sobre cores, números, formas e tamaños, e sobre o mundo no que viven, a través de bonecos como os inseparables amigos Epi e Blas de Barrio Sésamo. O primeiro programa emitiuse o 10 de novembro de 1959 na televisión pública de Estados Unidos.
Catro décadas e 4.135 episodios despois, os bonecos do desaparecido Jim Henson, o lexendario creador de The Muppet Show, coa porquiña Piggy e A rá René instaláronse nas televisións de todo o mundo, dende Latinoamérica até China, pasando por países tan dispares coma Rusia, Sudáfrica e a India.
No hay comentarios:
Publicar un comentario