Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
28/11/11
4/6/11
20/4/11
17/4/11
6/3/11
Poesía para nenos no festival de Antroido:
Os nenos e nenas de terceiro de primaria recitaron este poema de Carlos Reviejo ao tempo que ían debuxando o que na poesía se describe:

6/2/11
Os libros máis interesantes do 2010:
A Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca fixo unha selección dos que para eles foron os mellores libros editados no ano 2010 en función do interés que suscitaron nos seus lectores.
Preme na imáxe para acceder á selección:
8/12/10
GUIAS DE LECTURA:
Do blogue da Biblioteca do CEIP "Isaac Peral" de Ferrol tomo estas dúas ligazóns a Guías de Lectura:
POR CICLOS
POR TEMAS
FONDO LECTOR:
Unha aplicación para traballar a comprensión lectora, sinónimos e antónimos, ordenar palabras para formas frases ...etc:
5/12/10
A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS:
Neste xogo cos contos, ao redor do seu mundo, se vos interesa é posible contar coa vosa participación. Mediante Google Maps creouse un mapa colaborativo que se titula "A volta ao mundo en 80 contos." No mapa inicial aparecen soamente 23 relatos. Coa túa valiosa axuda podemos completar a lista de contos, até chegar á cifra de Julio Verne. Así, dalgunha maneira lembrariamos ao gran novelista francés. E servirá para difundir e compartir as historias populares do noso mundo, de calquera continente ou país. O mapa pódese completar con imaxes, audio e vídeo, para que esta viaxe mereza ser contado e lembrado.. Ademais do título do conto e o seu lugar de procedencia, anota se queres o teu nome. Anímate e colabora!
4/12/10
OQO, libros que atraen aos nenos:
A editorial OQO ten unha colección de libros que son moi atractivos para os nenos de Educación Infantil. As súas ilustracións son innovadoras e os textos sinxelos e doados de entender.
Aquí temos unhas imáxes de portadas de esa colección:
7/11/10
Premio Edebé Literatura Infantil: “Meu irmán é un xenio”
“Meu irmán é un xenio”
O mundo divídese en dous tipos de persoas: os xenios e os demais.
Iso é o que di a miña nai.
Entre os xenios, está o meu irmán.
Entre os demais, estou eu.
Claro que a miña nai non o di así, pero eu ben sei que o pensa.
Tamén o penso eu, a verdade.
Chámome Lola, teño dez anos e gústame o fútbol.
Autor:
Rodrigo Muñoz Avia - Editorial: Edebé
10/10/10
Laboratorio de Lectura FGSR:
O emprego das tecnoloxías na educación parece ser "o" tema recurrente. Inevitablemente o noso rol de educadores vese tocado por esta discusión e transformado.
Non é o tempo facernos os xordos nin de “pasar” do tema. Neste blogue xa falamos múltiples veces da necesidade de facer confluír tecnoloxía e lectura, pero a interrogante segue aí, latente: ¿ como se incorpora a tecnoloxía ao fomento da lectura? Para tratar de dar resposta a esta pregunta, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez creou o sitio web Lectura Lab.
Neste sitio publícanse novas, consellos, ideas e outros recursos destinados a manternos ao día no tema da lectura dixital. Destacamos a sección I+D da lectura e Recursos dixitais e publicacións.
13/6/10
ALMACEN DE CONTOS:
Ordenados alfabéticamente nesta páxina atópanse multitude de contos aos que pode acceder o alumnado para a practica da lectura:
6/6/10
16/3/10
Guía de Lectura do CEIP "Isaac Peral" de Ferrol:
A biblioteca do CEIP "Isaac Peral" permite acceder a unha completa guía de lectura tanto por idades como por temáticas concretas:
4/3/10
LECTURA EN VOZ ALTA- HORA DE LER:
Video premiado dunha experiencia realizada nun colexio arxentino.
19/2/10
Lecturas BREVES para PRIMARIA:
Nesta páxina aparecen unha relación de lecturas axeitadas para o alumnado de Primaria, sería interesante imprimir e facer grabacións de audio unha vez que tiveran ensaiado o texto a ler:












