22/11/09

LEER.ES

leer.gif


O pasado 12 de novembro, o Ministro de Educación deu a coñecer o centro virtual sobre a lectura, Leer.es, un espazo para o encontro de mediadores e lectores.









Posteriormente tivo lugar en Madrid, durante os días 13, 14 e 15 denovembro, o congreso Leer.es destinado a técnicos e responsables de programas de fomento de lectura, proxectos e plans lectores, programas de bibliotecas escolares, asesores e formadores no ámbito da lectura procedentes das distintas comunidades autónomas. Puideron seguirse directamente as sesións a través do blog do congreso, onde nos vindeiros días (segundo os organizadores) estarán accesibles as distintas conferencias e paneis específicos. Falouse de comprensión lectora, de adquisición da competencia lectora e escritora, de acceso á información, de plans de lectura institucionais, de formación do profesorado para unha mellor educación lectora das novas xeracións, da lectura dixital, da avaliación, das bibliotecas escolares, da lectura que favorece a aprendizaxe, das necesidades do profesorado que traballa nestes ámbitos, das novas necesidades na formación das persoas lectoras... Redactáronse unhas conclusións que estarán tamén dispoñibles neste novo espazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario