Mostrando entradas con la etiqueta CERTAMES LITERARIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CERTAMES LITERARIOS. Mostrar todas las entradas

27/4/11

ANA MARÍA MATUTE: PREMIO CERVANTES 2010

A escritora barcelonesa Ana María Matute recibiu este mércores o Premio Cervantes 2010, de mans do rei Juan Carlos, nunha cerimonia celebrada no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares (Madrid).


ana_m_matute.jpg


Tras entregarlle o Rei unha medalla e unha escultura, a autora admitiu que prefería "escribir tres novelas seguidas e vinte e cinco contos, sen respiro, a ter que pronunciar" un discurso.


Con emotivas palabras e facendo un visible esforzo por  falar cunha voz firme, a escritora de 85 anos  repasou a súa vida e relatou como se presentou coa súa primeira novela nunha editorial, escrita nun caderno de tapas negras e follas cuadriculadas. Matute lembrou que San Juan dixera que o que non ama está morto. "Eu atrévome a dicir que, o que non inventa, non vive", engadiu.


Ana María Matute é a terceira muller en recibir o premio, considerado o Nobel das letras hispanas, tras a española María Zambrano (en 1988) e a poetisa cubana Doce María Loynaz (1992).

19/6/10

CONCURSO DE RELATOS CURTOS:

No concurso de JOVENES ESCRITORES, no apartado de relatos breves resultaron premiados/as os/as seguintes alumnos/as de CUARTO CURSO DE ENSINO PRIMARIO:
Diego Calvo Filgueiras, Antonio Dopico Barro, Alicia López Couceiro e Eugenia María Villar Seijo. A profesora encargada de animar á participación é a súa títora: Mª Carmen Anca Fernández.


Os relatos non podían conter máis de 72 palabras e o premio é a súa publicación nun libro de relatos.




CERTAME LITERARIO "AS BOLIQUEIRAS":

Neste certame literario resultaron premiados os seguintes traballos.
DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 ANOS: "PRINCIPES E PRINCESAS"


principes-e-princesas.JPG


DE PRIMEIRO CURSO DE ENSINO PRIMARIO:"CARLA E TAQUESIGODA"
carla_blog.JPG