8/11/09

Bolechas: " O campión das Pontes"

800_bolepontes.jpgOs Bolechas están nas Pontes celebrando a festa da Fraga. Móntanse cabanas á beira do río e eles paran na das súas amigas Rebeca e Lorena, dúas xemelgas que só se distinguen polo lunar xunto á boca. Celébranse moitos concursos e eles participan no de tiro con arco: fixeron cadanseu arco cun pau e un cordel ben tensado. Felipe Eduardo, un rapaz fachendoso, compite cun arco olímpico e por iso gaña. Ao día seguinte hai un concurso de escalada e como leva mellor esquipamento, e ademais vai á escola de escaladores, volve gañar. Por último queda o da regata de piraguas, pero el ten unha piragua olímpica e vai á escola de remeiros. E, claro, volve derrotalos. Até que o convidan a unha partida de parchís. Por fin perde.
Mais mesmo niso é fachendoso: considérase o perdedor de parchís máis grande do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario