Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEATRO. Mostrar todas las entradas

4/3/12

ANIMANDO AO TEATRO..."CAPERUCITA ROJA"

O alumnado de 5º curso de Ensino Primario representou, en castelán, o conto "Caperucita Roja" para os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio.
Agradecemos moito o esforzo dos maiores para motivar aos máis pequenos tanto no teatro coma na lectura.


23/3/11

21 de Marzo : Teatro para Ed. Infantil de 3 anos

O día 21 de Marzo, o alumnado de Ed. Infantil de 3 anos, acudíu ao Cine Alovi para ver a representación de "Bajo mi cama una estrella". Unha obra que fala dos medos, que ten como personaxe principal a Miguel.
Miguel non é moi forte, nin moi áxil, nin moi rápido, pero é moi valente... home! como todo o mundo ten un pouco do susto do amor, éntralle un tembleque cada vez que a ve a ela. Pero é moi moi valente... sempre que sexa de día e con sol, porque pola noite cando se vai a luz alí están a penumbra, que lle impide ver as cousas, e as sombras que parecen outras cousas, e os ruxídos... De noite a Miguel só lle gusta a lúa, especialmente se está chea e loce grande e luminosa enchendo de luz a noite negra. Un espectáculo que trata dos monstros que a todos nos deron medo algunha vez, e que nos seguen dando por moi maiores que sexamos. Porque... quen non se asusta do monstro de debaixo da cama? Jo! Que me segue dando susto.


Aquí temos unhas imáxes: