Mostrando entradas con la etiqueta DIA LIBRO 23 ABRIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIA LIBRO 23 ABRIL. Mostrar todas las entradas

25/4/14

DÍA DO LIBRO 2014 : QUÉ SE CONMEMORA?


O día 23 de abril foi elixido como Día Internacional do Libro pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilado de la Vega aproximadamente na mesma data do ano 1616.
A Conferencia Xeral da UNESCO aprobouna en Paris o día 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data o 23 de abril é o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR."

Nas aulas de Primaria falouse do motivo desta conmemoración e fixéronse murais alusivos á obra máis importante de Miguel de Cervantes:



23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Para celebrar este ano o Dïa Mundial do Libro fixéronse as seguintes actividades:
 TROCO LITERARIO: Por mor do expurgo había moitos libros descatalogados pero en bo estado así que decidimos trocar unha ilustración feita por cada neno ou ben un pequeno conto por un libro que él escollería dos expostos para tal finalidade.
Os debuxos e contos foron expostos no mural da entrada da Biblioteca e tamén no seu interior.
"SOMOS ILUSTRADORES" : O luns pola tarde proxectouse unha presentación sobre a evolución da ilustración feita por unha profesora do centro e o martes pola mañá todos fomos ilustradores.
En Educación Infantil e Primeiro de Primaria o alumnado escollía un tema do seu agrado para facer a actividade plástica. No resto dos cursos de Primaria o equipo de Biblioteca reparteu un conto en párrafos para ilustrar por grupos. Os traballos foron expostos nun mural co texto do conto na parte central.
Mural de Primaria (de 2º a 6º E.P.)
Os murais dos máis pequenos.
"EU LEO, TI LES, EL LE" : Actividade de lectura en voz alta no Salón de Actos, onde os nenos e nenas van saíndo ao chou ou ben voluntariamente ler un párrafo do seu conto preferido e previamente ensaiado.

29/4/13

DÍA DO LIBRO 2013

Os máis pequenos fixeron unha actividade arredor duns contos ben coñecidos por eles onde dispoñían dunhas tarxetas cos personaxes dos contos e na hora do recreo tiñan que xuntarse con outros nenos, que podían ser doutras clases, e que tiñan os personaxes do conto. A actividade tiña por nome: "Cada ovella coa súa parella"

Despois, na Biblioteca, tiñan que meter cada personaxe na caixa do conto que lle correspondía.


O alumnado de primaria dispoñía de pistas escritas que tiña que ir consultando cos compañeiros para dan cun determinado personaxe ou título de libro.

30/4/12

Día do Libro no noso centro:

Hai xa 80 anos que se celebra o Día do Libro e dos dereitos de autor. O noso colexio coma tódolos anos festexa este día con diferentes actividades. A continuación aparece o programa de actividades que se desenvolveu arredor da data do 23 de Abril
SEMANA DO 16-20 de ABRIL:
* Recollida de libros que aportan os nenos e nenas para a exposición.
LUNS 23 DE ABRIL.:
* Celebración da Feira do Libro: Con préstamo de libros aportados polos alumnos e tamén con fondos do centro.
* Actividades:
- Exposición dos libros traídos polos alumnos.
- Intercambio de libros.
- Lectura do libro elexido nun recuncho do centro non habitual e con acompañamento de música clásica.
- Os alumnos plasman en imaxes a lectura realizada.
SEMANA DO 23 ao 27 de ABRIL:
- Exposición de debuxos.
- Elaboración dun libro con tódalas ilustracións realizadas que formará parte dos fondos da biblioteca do centro.

1/5/11

.

diaemptyemptyemptydoemptyemptyemptylibro

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2011

Debido a que o 23 de Abril estábamos en período de vacacións de Semana Santa, a celebración do día do libro fíxose o venres 29 de Abril ás 12.30 horas.
Os nenos e nenas de Educación Infantil traballaron os contos clásicos.
Os primeiros cursos de Primaria fixeron actividades relacionadas coas fábulas.
O alumnado de cuarto curso deu lectura a un comic sobre algúns capítulos do Quixote.
Os cursos de quinto e sexto de Primaria leron e contaron Lendas.
Aquí temos unhas imáxes da celebración:






6/5/10

23 de Abril :"Día Internacional do Libro"

Se queres desenvolver actividades premendo na imáxe irás a unha páxina editada en LIM con exercicios variados:


dia_libro_lim.JPG

25/4/10

Programa de actividades:

O programa inclúe sesións de contacontos, globoflexia, e resolución de webquest así coma a presentación da mascota "Leo" e as novidades mercadas neste curso:
img_2169.JPG