2/10/10

"O rato Frederick"

frederick1.JPGLionni, neste álbum xa clásico, inspírase na cruel fábula da cigarra e a formiga, transformándoa e enriquecéndoa de contidos modernos, como a aceptación do diferente e da propia identidade. Unha familia ratona almacena alimentos para o inverno. Frederick, un rato contemplativo e aparentemente vago, parece que non colabora. Pero cando chega o inverno, longo e aburrido, e acábanse as provisións, Frederick dá aos demais o que atesourou para eses momentos: raios de sol, cores e palabras. O pequeno Frederick é un poeta.O autor introduce as técnicas do collage e a monotipia, tan do agrado dos nenos, e resolve gráficamente o conto con mestría e sobriedade a través de sinxelos recursos, como diferenciar a Frederick (o único que ten nome) dos demais ratos mediante miradas, xestos e a súa posición na páxina.


Traducción de Ana María Matute
Barcelona: Lumen, 1969

No hay comentarios:

Publicar un comentario