23/10/10

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA XUVENIL:

O Premio Nacional de Literatura Xuvenil, que  é un dosgalardóns importantes dentro do mundo dos libros, eeliacer.jpgste ano caeu en mans de Eliécer Cansino,un profesor de instituto de Sevilla que conta con algúns libros mais e con outros tantos premios. O libro polo que recibiu o premio de literatura xuvenil ten por nome Unha habitación en Babel. No que nos conta a historia da torre, un edificio inhumano e escuro situado nunha cidade onde viven tantas persoas como na urbanización de chalés das aforas. Nel, as persoaxes principais, que se chaman Anxo e Gil, Nor e Berta, todos están condenados a entenderse cando descobren que pertencen a unha mesma historia.É destacable tamén o feito de que este libro tamén obtivo o premio Anaya o ano pasado.Cansino, destaca por ser autor de novelas principalmente xuvenís como O marabilloso señor Plot (1987), Nube e os nenos (2004), A aposta de Pascal"(2004) ou a última OK, señor Foster(2009).Só me queda  felicitar desde aquí a este autor, xa que as súas obras teñen moito que ofrecer aos lectores.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario