10/10/10

Laboratorio de Lectura FGSR:

O emprego das tecnoloxías na educación parece ser "o" tema recurrente. Inevitablemente o noso rol de educadores vese tocado por esta discusión e transformado.


Non é o tempo  facernos os xordos nin de “pasar” do tema. Neste blogue xa falamos múltiples veces da necesidade de facer confluír tecnoloxía e lectura, pero a interrogante segue aí, latente: ¿ como se incorpora a tecnoloxía ao fomento da lectura? Para tratar de dar resposta a esta pregunta, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez creou o sitio web Lectura Lab. lectura_lab.jpgNeste sitio publícanse novas, consellos, ideas e outros recursos destinados a manternos ao día no tema da lectura dixital. Destacamos a sección I+D da lectura e Recursos dixitais e publicacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario