22/11/09

Comprensión Lectora: Practica PISA

¿Pasarías a proba PISA de comprensión lectora?
¿Queres practicar no teu ordenador?
Preme neste enlace:


PRACTICA PISA

LEER.ES

leer.gif


O pasado 12 de novembro, o Ministro de Educación deu a coñecer o centro virtual sobre a lectura, Leer.es, un espazo para o encontro de mediadores e lectores.









Posteriormente tivo lugar en Madrid, durante os días 13, 14 e 15 denovembro, o congreso Leer.es destinado a técnicos e responsables de programas de fomento de lectura, proxectos e plans lectores, programas de bibliotecas escolares, asesores e formadores no ámbito da lectura procedentes das distintas comunidades autónomas. Puideron seguirse directamente as sesións a través do blog do congreso, onde nos vindeiros días (segundo os organizadores) estarán accesibles as distintas conferencias e paneis específicos. Falouse de comprensión lectora, de adquisición da competencia lectora e escritora, de acceso á información, de plans de lectura institucionais, de formación do profesorado para unha mellor educación lectora das novas xeracións, da lectura dixital, da avaliación, das bibliotecas escolares, da lectura que favorece a aprendizaxe, das necesidades do profesorado que traballa nestes ámbitos, das novas necesidades na formación das persoas lectoras... Redactáronse unhas conclusións que estarán tamén dispoñibles neste novo espazo.

15/11/09

15 de Novembro de 1907

Pois tal día coma ese ... foi publicada a primeira tira de COMIC nun xornal de San Francisco, dende entón non hai prensa que se precie que non teña ese espazo.  E o xénero literario do "comic"  ten ben gañado o seu recoñecemento na animación á lectura en tódolos ámbitos e idades.


mafalda.jpg

12/11/09

Usa a biblioteca...

 


usa_biblioteca.jpg 


 Usa tu biblioteca...


 la echarás de menos cuando  te vayas...


Usa a biblioteca...


 cando te vaias botarala en falta...

Que é o BOOKCROSSING?:

Estarás a preguntarte que é Bookcrossing. É un clube de libros global que atravesa o tempo e o espazo. É un grupo de lectura que non coñece límites xeográficos. Gústanche os libros gratis? Que tal os clubes de libros gratis? Pois ben, os libros que os nosos membros liberan son gratis... pero é o acto de liberar libros o que chega ao corazón de BookCrossing. Intercambiar libros nunca foi máis excitante que con BookCrossing. A nosa meta, simplemente, é converter ao mundo enteiro nunha biblioteca.


 BookCrossing é un intercambio de libros de proporcións infinitas, o primeiro e único da súa clase.


Para saber máis, entra na páxina de BookCrossing-Spain, preme na imáxe inferior:


dia_bibliotecas.jpg

Para saber todo sobre "O LIBRO ELECTRÓNICO"

Nestes tempos de cambio, tamén a lectura está a transformarse, uns nenos e nenas que pertencen xa á época dixital terán á súa disposición libros electrónicos.


Para saber algo máis, sobre o libro dixital preme na imáxe e terás acceso a unha videoconferencia sobre o tema:



libro_electronico_chicalee.jpg


O seu despegamento foi lento pero está claro que os lectores de libros electrónicos viñeron para quedarse.  Deica pouco estes lectores poden ser  tan habituais nas casas como o son hoxe os teléfonos móbiles, un deses produtos que cando  miras detidamente pensas en como podías vivir antes sen eles.

9/11/09

ADEUS A FRANCISCO AYALA:

ayala_vida2.jpg

(Para o visionado dun video-entrevista a Francisco Ayala preme na imáxe) 


O escritor Francisco Ayala morreu ó día 3 de Novembro aos 103 anos de idade en Madrid. Era o único escritor que quedaba dá xeneración do 27. Ao longo da súa carreira literaria, Francisco Ayala erixiuse como un dos escritores máis importantes en lingua hispana, cultivando numerosas mencións pola calidade semántica e formal dos seus escritos como o demostran os seguintes

Premios :

Premio de la Crítica de Narrativa en castellano (Asociación Española de Críticos Literarios) en 1972 por El jardín de las delicias.
Premio Nacional de Narrativa en 1984 por Recuerdos y olvidos. 
Premio Nacional de las Letras en 1988.
Premio Por Granada en 1998 "pola defensa dos intereses da cidade".
Premio Andalucía de Literatura y Las Letras en 1989.
Premio Miguel de Cervantes en 1991.
Premio Príncipe de Asturias das Letras
Premio de la Fundación Fernando Abril Martorell en 2001 pola súa contribución á superación das etapas da discordia que vivimos ao longo da nosa historia recente.

Premio Internacional de las Letras de la Fundación Cristóbal Gabarrón en 2004.
Premio Antonio de Sancha concedido pola Asociación de Editores de Madrid en 2005.

8/11/09

4 Décadas para "Barrio Sésamo":

Millóns de nenos de todo o mundo tiveron as súas primeiras nocións sobre cores, números, formas e tamaños, e sobre o mundo no que viven, a través de bonecos como os inseparables amigos Epi e Blas de Barrio Sésamo. O primeiro programa  emitiuse o 10 de novembro de 1959 na televisión pública de Estados Unidos.


"Epi e Blas" en Youtube



 


barrio_sesamo.jpg


 


 Catro décadas e 4.135 episodios despois, os bonecos do desaparecido Jim Henson, o lexendario creador de The Muppet Show, coa porquiña Piggy e A rá René instaláronse nas televisións de todo o mundo, dende Latinoamérica até China, pasando por países tan dispares coma Rusia, Sudáfrica e a India.

50 Aniversario de Asterix e Obelix:

Estamos no ano 50. A Galia enteira está ocupada polos románs...Toda?. Non! Unha aldea poboada por irreductibles galos ainda resiste ao invasor,....
asterix_asterix-obelix2.jpg
Estes días o famoso cómic Asterix e Obelix está de aniversario: Cumple nada menos que 50 anos. O primeiro álbum saiu o 29 de outubro de 1959.
Este cómic creado por René Goscinny (guionista) e Albert Uderzo (debuxante), ten a peculiaridade de gustar igual a maiores e a pequenos.
Na nosa biblioteca atoparás a súa colección. Recordamosche algúns títulos:
Asterix e os xogos olímpicos (inolvidable o momento en que a burocracia casi os fai perder)
Asterix en Hispania.
Asterix e Cleopatra
Asterix e a cizaña
Asterix dos belgas,...


 


Páxina Oficial de Asterix e Obelix



Asterix e Obelix en Youtube videos

Bolechas: " O campión das Pontes"

800_bolepontes.jpgOs Bolechas están nas Pontes celebrando a festa da Fraga. Móntanse cabanas á beira do río e eles paran na das súas amigas Rebeca e Lorena, dúas xemelgas que só se distinguen polo lunar xunto á boca. Celébranse moitos concursos e eles participan no de tiro con arco: fixeron cadanseu arco cun pau e un cordel ben tensado. Felipe Eduardo, un rapaz fachendoso, compite cun arco olímpico e por iso gaña. Ao día seguinte hai un concurso de escalada e como leva mellor esquipamento, e ademais vai á escola de escaladores, volve gañar. Por último queda o da regata de piraguas, pero el ten unha piragua olímpica e vai á escola de remeiros. E, claro, volve derrotalos. Até que o convidan a unha partida de parchís. Por fin perde.
Mais mesmo niso é fachendoso: considérase o perdedor de parchís máis grande do mundo.