18/1/09

UN CONTO:"Buscando a paz"

Había unha vez un rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que puidese captar nunha pintura a paz perfecta. Moitos artistas intentárono. O rei observou e admirou todas as pinturas, pero soamente houbo dúas que a el realmente gustáronlle e tivo que escoller entre elas.

A primeira era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto onde se reflectían unhas placidas montañas que o rodeaban. Sobre estas atopábase un ceo moi azul con tenues nubes brancas. Tódolos que miraron esta pintura pensaron que esta reflectía a paz perfecta.


A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do cal caía un impetuoso augaceiro con raios e tronos. Montaña abaixo parecía retumbar un espumoso torrente de auga. Todo isto non se revelaba para nada pacífico.


Pero cando o Rei observou cuidadosamente, viu trala cascada un delicado arbusto crecendo nunha fenda da rocha. Neste arbusto atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir do a violenta caída de auga, estaba sentado placidamente un paxariño no seu niño...


¿Paz perfecta...?


¿Cal cres que foi a pintura ganadora?


O Rei escolleu a segunda.


¿Sabes por que?


"Porque," explicaba o Rei:  "Paz non significa estar nun lugar sen ruxidos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dor. Paz significa que malia estar no medio de todas estas cousas permanezamos acougados dentro do noso corazón. Este é o verdadeiro significado da paz."


No hay comentarios:

Publicar un comentario