A primeira: Crear en casa un ambiente de lectura. Ver ao pai ou á nai cun libro ou un xornal nas mans convértese nunha referencia importante do propio comportamento. Supón ademais que na familia hai intres dedicados á lectura aos que os fillos pódense sumar.
A segunda: Falar sobre libros. Oír como se comenta o interese -ou ata o aburrimiento, por que non- que suscita a novela que tes entre mans prolonga a actividade lectora; créase unha transmisión de saberes e de comunicación moi importante para cimentar o gusto lector.
A terceira: Ler os libros apropiados para o teu fillo. Achegarse á inmensa oferta actual de libros infantís e compartilos cos fillos vai supoñer para moitos pais o descubrimento dunha literatura rica e variada, que proporciona momentos de conversación e intercambio cos nenos.
A cuarta: Buscar entre esta oferta temas que conecten coas súas afeccións. Hai libros infantís sobre moitos campos e dirixidos a mentalidades e idades moi variadas. Non hai dúbida de que sobre o que lle gusta ao teu fillo hai tamén títulos interesantes que lle poden atrapar.
A quinta: Converter a tele nunha aliada, non nun inimigo. Se a pequena pantalla é o que realmente lle engancha, hai que fixarse nos seus programas e películas preferidos e tratar de buscar libros relacionados coa súa paixón. Temos xa garantido un mínimo de interese.
A sexta: Coñecer a biblioteca pública do barrio. Os fondos da sección infantil e xuvenil das bibliotecas públicas ofrecen moitos máis libros dos que se poidan comprar en casa. Adoitan celebrarse ademais actividades de animación á lectura e encontros con outros lectores.
A sétima: Incluír nas saídas de compras unha volta por unha boa librería. Aínda que non se compre nada, é bo ver as novidades que apareceron, ou que hai sobre un autor ou un tema que lle interesou.
A oitava: Tratar de pescudar que tipo de lector é o noso fillo e respectar os seus ritmos. Hai lectores compulsivos, que non paran ata que rematan o libro. Hainos, en cambio, calmosos. Hai lectores a quen lles gusta reler o mesmo libro e hainos ávidos de novidades. Hainos noctámbulos e diurnos. Darlle unha marxe ao seu xeito de ler contribúe a consolidar o hábito.
A novena: Non empeñarse en que lle guste o mesmo que aos seus pais. Hai que recordar que se está forxando o seu gusto pola lectura, non o de papá e mamá. E hai que saber esperar para dar os libros adecuados no momento oportuno.
Para rematar, o consello máis importante: non hai que impacientarse se vemos que estas estratexias non funcionan á primeira. Justamente porque actúan de xeito indirecto, costa ás veces que arraiguen desde o primeiro momento. A base de tantear, de descubrir as súas afeccións e as súas inquietudes pódese ir marcando a liña pola que desenvolver este hábito de xeito efectivo, e, sobre todo, afectiva.
http://www.educacioninfantil.com/displayarticle80.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario