1/2/09

Algúns libros sobre a Paz e a Educación en Valores:

Se acudimos á Biblioteca do centro podemos atopar varios libros que tratan o tema da Paz e da Educación en Valores... amosamos algúns títulos:




18/1/09

"Imagine" subtitulada en español





Poema: "Nalgún lugar"

Nalgún lugar
ten que haber un raio de luz
que disipe as tebras do futuro
unha esperanza
que non se deixe matar polo desencanto
e unha fe
que non perda inmediatamente a fe en se mesma



Nalgún lugar
ten que haber un neno inocente
ao que os demos non conquistaron aínda
un frescor de vida
que non espire putrefacción
e unha felicidade
que non se basee nas desgrazas dos demais.


Nalgún lugar
ten que haber un despertador da sensatez
que avise do perigo dos xogos autoaniquiladores
unha gravidade
que se atreva a tomarse en serio
e unha bondade
cuxa raíz non sexa simplemente maldade freada.


Nalgún lugar
ten que haber unha beleza
que siga sendo beleza
unha conciencia pura
que non oculte un crime apartado
ten que haber
un amor á vida
que non fale con lingua equívoca
e unha liberdade
que non se basee na opresión dos demais.


MARIA WINE



http://www.arrakis.es/~aarias/poemas2.htm

Frases de Gandhi

paloma-389x289.jpg"Case todo o que realice será insignificante, pero é moi importante que o faga."

"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño."

"O que se obtén con violencia, soamente se pode manter con violencia."

"A violencia é o medo aos ideais dos demais."

Gandhi e o Día Escolar da Paz

gandhi-520x904.jpg

O 30 de xaneiro de 1948, mentres se dirixía ao seu habitual rezo da tarde, foi asasinado "Mahatma" Gandhi por Vinayak Nathura Godse, membro dun grupo extremista hindú.

Pola importancia de Gandhi no camiño cara a outro mundo posible esa data foi elixida polas Nacións Unidas como día mundial para conmemorar o Día da Paz.




 

UN CONTO:"Buscando a paz"

Había unha vez un rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que puidese captar nunha pintura a paz perfecta. Moitos artistas intentárono. O rei observou e admirou todas as pinturas, pero soamente houbo dúas que a el realmente gustáronlle e tivo que escoller entre elas.

A primeira era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto onde se reflectían unhas placidas montañas que o rodeaban. Sobre estas atopábase un ceo moi azul con tenues nubes brancas. Tódolos que miraron esta pintura pensaron que esta reflectía a paz perfecta.


A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do cal caía un impetuoso augaceiro con raios e tronos. Montaña abaixo parecía retumbar un espumoso torrente de auga. Todo isto non se revelaba para nada pacífico.


Pero cando o Rei observou cuidadosamente, viu trala cascada un delicado arbusto crecendo nunha fenda da rocha. Neste arbusto atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir do a violenta caída de auga, estaba sentado placidamente un paxariño no seu niño...


¿Paz perfecta...?


¿Cal cres que foi a pintura ganadora?


O Rei escolleu a segunda.


¿Sabes por que?


"Porque," explicaba o Rei:  "Paz non significa estar nun lugar sen ruxidos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dor. Paz significa que malia estar no medio de todas estas cousas permanezamos acougados dentro do noso corazón. Este é o verdadeiro significado da paz."


5/1/09

Cando se empeza a amar a lectura:

Simplemente observade este video... así empezan os nenos a ter gusto pola lectura.