16/5/10

LIBRO SOLIDARIO: Manolo Rivas e Kalandraka

milu_portada.jpg
A Fundación Meniños e a Editorial Kalandraka colaboran na edición deste conto que reflicte a situación dos nenos en situación de desvantaxe social.
“...A Milu pareceulle que algo malo rodeaba
a súa casa. Era moi raro perder as cancións
e perder o bolso e perder o pan.
E mesmo os pais, ás veces perdíanse e non volvían á casa.
Pero ela tiña a Nana. Estaba todo o tempo soa con ela e non a perdería”


Así comeza Milu, a última incursión na literatura infantil da Editorial Kalandra, que colabora coa Fundación Meniños para editar un libro solidario, precisamente cando se celebra, este sábado, o Día da Familia. Trátase dun álbum infantil e solidario escrito por Manuel Rivas, con ilustracións de Aitana Carrasco, un relato tenro e sensíbel que reflicte a indefensión de Milú ante os problemas dos seus pais.

9/5/10

9 de Maio: 150 Aniversario do nacemento do autor de Peeter Pan

jmbarrie.jpg


 


 



Hoxe, 9 de Maio é o 150 aniversario do nacemento do escritor escocés Sir James Matthew Barrie. J.M. Marrie, é coñecido, sobre todo, por ser o creador de Peter Pan, un neno que se nega a perder a maxia da infancia e tamén a medrar. . Xunto aos Nenos Perdidos, vive no País de Nunca xamais.  Barrie inspirouse nun fillo da familia Llewelyn Davis, amigos do autor escocés, para crear ao seu famoso personaxe. 


Premedo nesta imáxe accedes á biografía.

Convocadas axudas para a Mellora das Bibliotecas Escolares para o curso 2010/2011:

solicitudeplambeat.JPG


No DOGA  do día 7 de Maío convócanse axudas para a Mellora das Bibliotecas Escolares que teñen unha contía económica importante. O plazo de solicitude remata o día 7 de Xuño.


Premendo na imáxe atoparedes máis información:


bibliotecas-escolares.JPG

Bibliotecas Escolares de Galicia: