16/5/10

LIBRO SOLIDARIO: Manolo Rivas e Kalandraka

milu_portada.jpg
A Fundación Meniños e a Editorial Kalandraka colaboran na edición deste conto que reflicte a situación dos nenos en situación de desvantaxe social.
“...A Milu pareceulle que algo malo rodeaba
a súa casa. Era moi raro perder as cancións
e perder o bolso e perder o pan.
E mesmo os pais, ás veces perdíanse e non volvían á casa.
Pero ela tiña a Nana. Estaba todo o tempo soa con ela e non a perdería”


Así comeza Milu, a última incursión na literatura infantil da Editorial Kalandra, que colabora coa Fundación Meniños para editar un libro solidario, precisamente cando se celebra, este sábado, o Día da Familia. Trátase dun álbum infantil e solidario escrito por Manuel Rivas, con ilustracións de Aitana Carrasco, un relato tenro e sensíbel que reflicte a indefensión de Milú ante os problemas dos seus pais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario