25/4/14

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Para celebrar este ano o Dïa Mundial do Libro fixéronse as seguintes actividades:
 TROCO LITERARIO: Por mor do expurgo había moitos libros descatalogados pero en bo estado así que decidimos trocar unha ilustración feita por cada neno ou ben un pequeno conto por un libro que él escollería dos expostos para tal finalidade.
Os debuxos e contos foron expostos no mural da entrada da Biblioteca e tamén no seu interior.
"SOMOS ILUSTRADORES" : O luns pola tarde proxectouse unha presentación sobre a evolución da ilustración feita por unha profesora do centro e o martes pola mañá todos fomos ilustradores.
En Educación Infantil e Primeiro de Primaria o alumnado escollía un tema do seu agrado para facer a actividade plástica. No resto dos cursos de Primaria o equipo de Biblioteca reparteu un conto en párrafos para ilustrar por grupos. Os traballos foron expostos nun mural co texto do conto na parte central.
Mural de Primaria (de 2º a 6º E.P.)
Os murais dos máis pequenos.
"EU LEO, TI LES, EL LE" : Actividade de lectura en voz alta no Salón de Actos, onde os nenos e nenas van saíndo ao chou ou ben voluntariamente ler un párrafo do seu conto preferido e previamente ensaiado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario