O 24
de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares. Leo explicounos o funcionamento
da nosa biblioteca a través dunha presentación e lembrounos a importancia de cumprir as
normas para que a biblioteca sexa un lugar especial para ler e aprender.
Ademais, vimos uns vídeos moi interesantes e divertidos.
Ademais, vimos uns vídeos moi interesantes e divertidos.
Ao final, Leo agasallounos co carné lector que debemos empregar para coller libros en préstamo. Graciñas aos mestres Concha e Rubén por colaborar co Equipo Dinamizador da Biblioteca na elaboración dos carnés. Quedaron moi bonitos!
Os nenos/as de 6º de Primaria recibiron, tamén, a credencial de "encargados de biblioteca" porque este curso son axudantes do servizo de préstamo. Graciñas, tamén, a eles polo seu entusiasmo e implicación nas actividades da biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario