30/11/14

ACTUACIÓN DA BANDA DO TERCIO NORTE DE FERROL

O martes día 25 de Novembro recibimos a visita da Banda do Tercio norte de Ferrol que deu un concerto didácto para o alumnado con explicación das familias dos intrumentos e os seus nomes, as pezas interpretadas eran moi axeitadas á edade do noso alumnado. A súa actuación foi un éxito.

Nico, un alumno de 6º, presenta á Banda do Ternor.



O director e algún dos compoñentes da banda amosan instrumentos e un dos nenos e convidado a dirixir ao grupo de músicos.

As obras que interpretaron gustaron moito ao público infantil.
Uns nenos e nenas entregaron a cada músico un pequeño agasallo da ANPA como recordo e quedaron tan contentos que prometen voltar outro ano a deleitarnos coa súa música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario