25/4/14

DÍA DO LIBRO 2014 : QUÉ SE CONMEMORA?


O día 23 de abril foi elixido como Día Internacional do Libro pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilado de la Vega aproximadamente na mesma data do ano 1616.
A Conferencia Xeral da UNESCO aprobouna en Paris o día 15 de novembro de 1995, polo que a partir de dita data o 23 de abril é o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR."

Nas aulas de Primaria falouse do motivo desta conmemoración e fixéronse murais alusivos á obra máis importante de Miguel de Cervantes:



23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Para celebrar este ano o Dïa Mundial do Libro fixéronse as seguintes actividades:
 TROCO LITERARIO: Por mor do expurgo había moitos libros descatalogados pero en bo estado así que decidimos trocar unha ilustración feita por cada neno ou ben un pequeno conto por un libro que él escollería dos expostos para tal finalidade.
Os debuxos e contos foron expostos no mural da entrada da Biblioteca e tamén no seu interior.
"SOMOS ILUSTRADORES" : O luns pola tarde proxectouse unha presentación sobre a evolución da ilustración feita por unha profesora do centro e o martes pola mañá todos fomos ilustradores.
En Educación Infantil e Primeiro de Primaria o alumnado escollía un tema do seu agrado para facer a actividade plástica. No resto dos cursos de Primaria o equipo de Biblioteca reparteu un conto en párrafos para ilustrar por grupos. Os traballos foron expostos nun mural co texto do conto na parte central.
Mural de Primaria (de 2º a 6º E.P.)
Os murais dos máis pequenos.
"EU LEO, TI LES, EL LE" : Actividade de lectura en voz alta no Salón de Actos, onde os nenos e nenas van saíndo ao chou ou ben voluntariamente ler un párrafo do seu conto preferido e previamente ensaiado.

4/4/14

2 de Abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, e coincidindo cos aniversarios de Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar a lectura entre os máis novos.
Do mesmo xeito que outros anos, a biblioteca súmase a esta festa literaria cun recordo para a vida e a obra do gran autor universal e unha proposta creativa para axudar aos máis pequenos a valorar a importancia da imaxinación e das palabras no traballo creativo dos escritores.