Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
20/12/14
19/12/14
1/12/14
SEMANA DA MÚSICA
Arredor da festividade de Santa Icía, patrona dos músicos, celébrase por segundo ano no colexio a Semana da Música.
A Biblioteca acolle unha mostra de libros de temática musical e aproveitamos para decorar a porta de entrada cun motivo relacionado co tema:
Dentro había unha mostra de libros sobre Música e novidades adquiridas.
A Biblioteca acolle unha mostra de libros de temática musical e aproveitamos para decorar a porta de entrada cun motivo relacionado co tema:
Dentro había unha mostra de libros sobre Música e novidades adquiridas.
ACTUACIÓN DE PAIS, NAIS OU FAMILIA DO ALUMNADO:
O xoves, 20 de Novembro, unha nai e un pai de alumnos do colexio acudiron a interpretar algunhas obras musicais.
Rosalía Seijo interpreta pezas musicais coa flauta doce. |
Xosé Manuel Campello fai a interpretación de obras musicáis co teclado. |
Nenos e nenas participan bailando unha das pezas. |
Nenos e nenas disfrutan da actuación dos familiares dos seus compañeiros. |
ACTUACIÓN DO GRUPO FOLCK LOCAL: "OS SUPLENTES"
Ademáis convidaron a un grupo de nenos a acompañalos na súa actuación. |
Aquí temos a algúns dos compoñentes dos Suplentes xunto con alumnos que son familiares dun deles. (Iago, Noa e Antía) |
ACTUACIÓN DO ALUMNADO DO CENTRO :
O venres 21 de Novembro, o alumnado do colexio que asiste ao conservatorio brindouse a actuar para os seus compañeiros:
Martín interpretou unha peza con trompeta e outra co acordeón. |
Iván tocou unha peza co bombardino. |
Naia interpretou unha partitura co saxofón soprano. |
Martina actuou tocando o violín. |
Irene interpretou unha peza ao violín |
Antía, Irene e Martina interpretan unha obra. |
Sofía toca a bandurria. |
Nico fai unha demostración das súas habilidades coa percusión. |
30/11/14
ACTUACIÓN DA BANDA DO TERCIO NORTE DE FERROL
Nico, un alumno de 6º, presenta á Banda do Ternor. |
O director e algún dos compoñentes da banda amosan instrumentos e un dos nenos e convidado a dirixir ao grupo de músicos. |
As obras que interpretaron gustaron moito ao público infantil. |
Uns nenos e nenas entregaron a cada músico un pequeño agasallo da ANPA como recordo e quedaron tan contentos que prometen voltar outro ano a deleitarnos coa súa música. |
30/10/14
HALLOWEEN NA BIBLIOTECA
Onte Leo e os seus axudantes entregaron a todos os nenos do colexio a invitación para a festa de Halloween que se celebrou hoxe 30 de outubro na biblioteca.
Leo e os seus axudantes, |
Leo e os seus axudantes entregan a invitación aos nenos de 6º de Ed. Infantil.
Na festa de Halloween houbo moitas actividades "terroríficamente" divertidas e proxeccións de vídeos musicais en lingua inglesa que animaban a bailar e a cantar. Ademais, léronse pequenos fragmentos de libros de medo que estaban colocados nos expositores da biblioteca.
Os nenos de Infantil disfrutaron coa representación teatral dunha canción inglesa realizada polos axudantes da biblioteca con marionetas de pao.
Pasámolo de medo!!
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)