11/3/12

Morte dun xigante do comic europeo: MOEBIUS

O debuxante francés Jean Giraud (París, 1938), máis coñecido como Moebius, creador do tenente Blueberry e do Maior Fatal, artífice dun dos universos de cómic máis persoais, reconocibles e fascinantes da novena arte, faleceu hoxe en París á idade de 73 anos tras sufrir unha longa enfermidade. Figura capital na historia do cómic, revolucionou esta arte en varios momentos da súa carreira, o que 0 converteu nun dos seus autores máis influentes e transcendentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario