Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
14/3/12
Qué libro salvarías?
Imaxina que de tódolos libros que liche tes que salvar un... pois ese foi o traballo que fixeron uns nenos e nenas de Primaria de diferentes colexios, accede a esta dirección para ver algúns dos salvados.
11/3/12
LECTURAS DE ANDAR POLA CASA:
A Fundacion Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) edita en .pdf uns boletíns con recomendacións de literatura para diferentes idades. Ainda que están dirixidos ás familias son interesantes para todo o persoal que trate de animar á lectura. Para acceder a eles e poder descargalos preme na imaxe.
Morte dun xigante do comic europeo: MOEBIUS
O debuxante francés Jean Giraud (París, 1938), máis coñecido como Moebius, creador do tenente Blueberry e do Maior Fatal, artífice dun dos universos de cómic máis persoais, reconocibles e fascinantes da novena arte, faleceu hoxe en París á idade de 73 anos tras sufrir unha longa enfermidade. Figura capital na historia do cómic, revolucionou esta arte en varios momentos da súa carreira, o que 0 converteu nun dos seus autores máis influentes e transcendentes.
4/3/12
Revista on-line de literatura infantil e xuvenil:
Neste enlace podemos atopar novedades de literatura infantil e xuvenil, temas de actualidade, críticas e entrevistas.
Preme no logo.
ANIMANDO AO TEATRO..."CAPERUCITA ROJA"
O alumnado de 5º curso de Ensino Primario representou, en castelán, o conto "Caperucita Roja" para os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio.
Agradecemos moito o esforzo dos maiores para motivar aos máis pequenos tanto no teatro coma na lectura.
Agradecemos moito o esforzo dos maiores para motivar aos máis pequenos tanto no teatro coma na lectura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)