Un práctico manual ao que se pode acceder premendo na imaxe:
Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
9/12/12
6/11/12
18/10/12
10/10/12
6/6/12
18/5/12
Contacontos: Raquel Queizas
O día 17 de Maio, polo tarde, a contacontos Raquel Queizas (Queliña) actuou no Ximnasio para todo o alumnado do centro.
Esta actuación foi promovida pola ANPA do colexio.
Os nenos e nenas disfrutaron moito coa súa intervención.
16/5/12
15 de Maio: Morre Carlos Fuentes
O escritor Carlos Fuentes que foi premiado hai anos co Premio Cervantes e tamén co Principe de Asturias entre outros moitos galardóns, deixounos o día 15 de Maio de 2012
8/5/12
Morre Maurice Sendak: autor de "Donde viven los monstruos"
Os contos de Sendak, que introduciron ao lector nun mundo máxico de grandes riquezas visuais e narrativas, foron unha parte fundamental da nenez estadounidense desde os anos 60. Sendak obtivo no ano1996 a Medalla Nacional das Artes, de mans do entón presidente Bill Clinton, pola súa vasta obra literaria.
No libro Onde viven os monstros, que ademais foi adaptado ao teatro e o cinema, Sendak conta a historia dun neno chamado Max que se embarca nun paseo pola súa propia imaxinación despois de que a súa nai castíguelle mandándolle á cama sen cear. Xa na súa habitación, Max imaxínase nunha extensa xungla poboada por monstros que inspiran terror, pero ao final o neno compórtase con valentía e vénceos un a un mirándoos fixamente aos ollos sen parpadear. Aínda que os monstros coróano como o seu rei, Max sente só e desexa regresar á habitación da súa casa, onde lle espera a cea, aínda morna. O libro, un clásico da literatura infantil, logrou un volume de vendas superior aos 19 millóns de exemplares en 2009, boa parte deles en Estados Unidos.
Entre a vasta obra literaria de Maurice Sendak figuran contos como Outside Over There (1981), O letreiro secreto de Rosie (1960), Dídola, pídola, pon! (1967), e Minibiblioteca (1962).
30/4/12
Día do Libro no noso centro:
Hai xa 80 anos que se celebra o Día do Libro e dos dereitos de autor. O noso colexio coma tódolos anos festexa este día con diferentes actividades. A continuación aparece o programa de actividades que se desenvolveu arredor da data do 23 de Abril
SEMANA DO 16-20 de ABRIL:
* Recollida de libros que aportan os nenos e nenas para a exposición.
LUNS 23 DE ABRIL.:
* Celebración da Feira do Libro: Con préstamo de libros aportados polos alumnos e tamén con fondos do centro.
* Actividades:
- Exposición dos libros traídos polos alumnos.
- Intercambio de libros.
- Lectura do libro elexido nun recuncho do centro non habitual e con acompañamento de música clásica.
- Os alumnos plasman en imaxes a lectura realizada.
SEMANA DO 23 ao 27 de ABRIL:
- Exposición de debuxos.
- Elaboración dun libro con tódalas ilustracións realizadas que formará parte dos fondos da biblioteca do centro.
SEMANA DO 16-20 de ABRIL:
* Recollida de libros que aportan os nenos e nenas para a exposición.
LUNS 23 DE ABRIL.:
* Celebración da Feira do Libro: Con préstamo de libros aportados polos alumnos e tamén con fondos do centro.
* Actividades:
- Exposición dos libros traídos polos alumnos.
- Intercambio de libros.
- Lectura do libro elexido nun recuncho do centro non habitual e con acompañamento de música clásica.
- Os alumnos plasman en imaxes a lectura realizada.
SEMANA DO 23 ao 27 de ABRIL:
- Exposición de debuxos.
- Elaboración dun libro con tódalas ilustracións realizadas que formará parte dos fondos da biblioteca do centro.
25/4/12
10/4/12
14/3/12
Qué libro salvarías?
Imaxina que de tódolos libros que liche tes que salvar un... pois ese foi o traballo que fixeron uns nenos e nenas de Primaria de diferentes colexios, accede a esta dirección para ver algúns dos salvados.
11/3/12
LECTURAS DE ANDAR POLA CASA:
A Fundacion Germán Sánchez Ruipérez (FGSR) edita en .pdf uns boletíns con recomendacións de literatura para diferentes idades. Ainda que están dirixidos ás familias son interesantes para todo o persoal que trate de animar á lectura. Para acceder a eles e poder descargalos preme na imaxe.
Morte dun xigante do comic europeo: MOEBIUS
O debuxante francés Jean Giraud (París, 1938), máis coñecido como Moebius, creador do tenente Blueberry e do Maior Fatal, artífice dun dos universos de cómic máis persoais, reconocibles e fascinantes da novena arte, faleceu hoxe en París á idade de 73 anos tras sufrir unha longa enfermidade. Figura capital na historia do cómic, revolucionou esta arte en varios momentos da súa carreira, o que 0 converteu nun dos seus autores máis influentes e transcendentes.
4/3/12
Revista on-line de literatura infantil e xuvenil:
Neste enlace podemos atopar novedades de literatura infantil e xuvenil, temas de actualidade, críticas e entrevistas.
Preme no logo.
ANIMANDO AO TEATRO..."CAPERUCITA ROJA"
O alumnado de 5º curso de Ensino Primario representou, en castelán, o conto "Caperucita Roja" para os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio.
Agradecemos moito o esforzo dos maiores para motivar aos máis pequenos tanto no teatro coma na lectura.
Agradecemos moito o esforzo dos maiores para motivar aos máis pequenos tanto no teatro coma na lectura.
1/3/12
22/2/12
FESTIVAL ANTROIDO 2012:
O tema elexido para este ano foi o dos debuxos animados polo que todo alumnado do colexio aparece aquí disfrazado representando a algún deses persoaxes.
29/1/12
Suscribirse a:
Entradas (Atom)