Desta vez o Premio Nobel de Literatura quedou en Suecia na cuna dos Nobel, foi outorgado ao poeta sueco: Tomas Tranströmer.
Algúns datos biográficos: Tomas Tranströmer naceu o 15 de abril de 1931 en Estocolmo. Os seus pais, Helmy e Gösta Tranströmer, eran mestra de escola e redactor respectivamente. Tras terminar o bacharelato en 1950 no centro de ensino secundario Södra Latin, comezou os seus estudos en Historia da Literatura, Psicoloxía e Historia das Relixións na Universidade de Estocolmo, materias que formaron parte da súa licenciatura en 1956.
No ano 1990 sufríu unha apoplexía que lle afectou principalmente á fala.
A súa obra poética é coñecida internacionalmente e traducida a máis de sesenta idiomas.
Obras en español
- «Postales negras» / traducción: Roberto Mascaró & Christian Kupchik. – Stockholm : Ediciones Inferno, 1988
- «El bosque en otoño» / traducción de Roberto Mascaró. – Montevideo : Uno/Siesta, 1989
- «Para vivos y muertos» / versiones de Roberto Mascaró ; con la versión de Bálticos de Francisco Uriz. – Madrid : Hiperión, 1992
- «Góndola fúnebre» / versión castellana de Roberto Mascaró. – Concepción : Ed. Literatura Americana Reunida (LAR), 2000
No hay comentarios:
Publicar un comentario