Todos os anos o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o 2 de abril o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Cada ano é un país membro desta Organización Internacional a encargada de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo. Para 2011, a sección de Estonia difunde o carte de Jüri Mildeberg e a mensaxe da escritora Aino Pervik.
PREGÓN DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2011:
No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é "Primavera", que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 -1953).
"Primavera" narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é en realidade o mesmo Oskar Luts na súa nenez.
Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez.
Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época. Non obstante, os libros históricos costumistas recordan feitos que non achamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un neno como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro recorda os sonos dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións.
Tamén recorda aos pais dos nenos, como eles terían querido ser e o que desexaban para o futuro dos seus fillos.
Por suposto que hoxe en día tamén se pode escribir libros de tempos pasados e estes son a miúdo apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El sabe xa o que sucedeu, o que o porvir tiña velado á xente de entón. Aino Pervik
Os libros recordan a época na que foron escritos. Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist se paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield -que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en boa medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía. Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar ao longo do Mississippi a finais do século XIX no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles.
As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente de entón aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario