1/12/11

PREMIO CERVANTES 2011: NICANOR PARRA

O poeta e ensaísta chileno Nicanor Parra levouse o Premio Cervantes 2011, galardón dotado de 120.000 euros e que é concedido polo Ministerio de Cultura de España.

Parra, de 97 anos de idade, naceu no seo dunha modesta familia en San Fabián de Alico. O galardoado poeta foi profesor de Matemáticas no Liceo de Chillán e na Universidade de Chile, en 1938, e durante varios anos viviu en Estados Unidos e Inglaterra. Regresou ao seu país en 1951.

Xa nos seus 30, inicia a súa carreira como escritor dedicado ao conto e ao ensaio. A súa primeira obra publicada foi o libro de poemas 'Cancionero sen nome'.

Nicanor Parra é considerado como o creador da denominada "antipoesía", cuxa mostra máis sobresaliente é 'Poemas e antipoemas' de 1954.

Entre as súas obras máis resaltantes están; 'A cueca longa', 'Versos de salón', 'Os profesores', 'Artefactos', 'Sermóns e prédicas do Cristo de Elqui', 'O anti-Lázaro', 'Chistes para desorientar á poesía', 'Poesía política', 'Páxinas en branco' ou 'Discursos de sobremesa'.

O ensaísta chileno fíxose co Nacional de Literatura de Chile por 'Obra grosa' en 1969. Xa en 1991 foi galardoado por segunda vez no seu país e obtivo o Premio Internacional Juan Rulfo. No 2000 recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana e en 2010 foi finalista ao Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Videos do premio Cervantes 2011- Nicanor Parra



1/11/11

Festival Samaín 2011 - Halloween 2011

Celebrouse no Salón de Actos do colexio o día 28 de Outubro de 2011, houbo actuacións variadas e tamén xogos. Ao remate cada ciclo fixo manualidades referidas á festa.

24/10/11

Visita do ilustrador Xosé Tomás.

O día 24 de Outubro visitou o colexio o ilustrador Xosé Tomás que foi amosando aos nenos e nenas de Primaria o xeito de facer caras e de darlles expresión as personaxes.
Xosé Tomás ilustrou, entre outros moitos, o libro "Vou ter un irmán!" que aparece neste video:

23/10/11

"YACI Y SU MUÑECA"

Nas tres unidades de Ed. Infantil estivemos a traballar arredor deste conto que ten a súa orixe no Brasil. A partir del fixéronse diferentes actividades de expresión e comprensión e tamén manualidades...

EXPOSICIÓN DE BONECAS:

Na entrada do colexio atópase a exposición de todas as monecas que os nenos e nenas fixeron coa axuda das súas familias. Tamén se atopa o mural sobre o conto: "Yaci y su muñeca".

.

..


...

6/10/11

NOBEL DE LITERATURA 2011:

Desta vez o Premio Nobel de Literatura quedou en Suecia na cuna dos Nobel, foi outorgado ao poeta sueco: Tomas Tranströmer.
Algúns datos biográficos: Tomas Tranströmer naceu o 15 de abril de 1931 en Estocolmo. Os seus pais, Helmy e Gösta Tranströmer, eran mestra de escola e redactor respectivamente. Tras terminar o bacharelato en 1950 no centro de ensino secundario Södra Latin, comezou os seus estudos en Historia da Literatura, Psicoloxía e Historia das Relixións na Universidade de Estocolmo, materias que formaron parte da súa licenciatura en 1956.
No ano 1990 sufríu unha apoplexía que lle afectou principalmente á fala.
A súa obra poética é coñecida internacionalmente e traducida a máis de sesenta idiomas.

Obras en español
- «Postales negras» / traducción: Roberto Mascaró & Christian Kupchik. – Stockholm : Ediciones Inferno, 1988
- «El bosque en otoño» / traducción de Roberto Mascaró. – Montevideo : Uno/Siesta, 1989
- «Para vivos y muertos» / versiones de Roberto Mascaró ; con la versión de Bálticos de Francisco Uriz. – Madrid : Hiperión, 1992
- «Góndola fúnebre» / versión castellana de Roberto Mascaró. – Concepción : Ed. Literatura Americana Reunida (LAR), 2000

25/9/11

Caillou vai á Biblioteca:


Acude cos teus fillos á Biblioteca para acostumalos á lectura.

Lectura compartida

Seguíndo as pautas que nos indica o video axudaremos aos nenos na lectura e en calquera das aprendizaxes.

1/7/11

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

O día 22 de Xuño, no Salón de Actos, fíxose o festival de fin de curso, no que actuaron os nenos e nenas dos cursos que remataban ciclo, e pasaban a outra etapa educativa.


No caso de Educación Infantil inician o seu camiñar no Ensino Primario e no caso de Sexto de Primaria, xa se van do colexio para o instituto cursar estudos de Ensino Secundario.


Aquí temos unhas imaxes:


rimas_infannn.JPG


orlas_infantill.JPG

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA:

Tivo lugar no Salón de Actos o día 22 de Xuño de 2011, representaron primeiramente a obra de teatro "O Dragón de 4 cabezas", aquí temos unhas imáxes.


nenos_6_teatro.JPG


sexto_orl.jpg

2/6/11

LEONARD COHEN, PREMIO "PRINCIPE DE ASTURIAS" DAS LETRAS:

O cantante, poeta e compositor Leonard Cohen será galardonado co Premio "Principe de Asturias" das letras pola súa contribución ao "imaxinario sentimental" que creou coas súas composicións.


leonard-cohen.jpg

PREME NA IMÁXE E ACCEDE Á SÚA WEB.

5/5/11

BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO:

Esta presentación sobre a vida e obra de Lois Pereiro foi feita polo equipo da Biblioteca de Castro.