28/11/10

¿COMO SE FAI UN LIBRO?

É curioso ver a reacción das nenas e dos nenos cando comprenden que un libro é o resultado dun laborioso proceso no que colaboran moitas persoas, achegando cada unha a súa especial habilidade: escribir, ilustrar, deseñar, compor, corrixir, imprimir, encadernar, distribuír, ler…
Como docentes estamos obrigados a transmitir ás nenas e ós nenos o segredo da orixe dos libros. Non é xusto deixarlles na crenza de que os libros, como as pedras, sempre estiveron aí. Os libros das nosas Bibliotecas non sempre ocuparon o seu lugar nos anaqueles; houbo un tempo no que eses libros non existían, o mesmo que houbo un día no que foron concibidos e a continuación fabricados.
Se lles achegamos ao coñecemento de que o libro é o resultado dunha creación planificada e dun traballo en colaboración, os nosos nenos e nenas poderán gozar do libro dúas veces: cando o len, pero tamén cando o miran e comprenden a súa existencia. Cando poden facer isto, están a se entender a si mesmos na súa condición de especie Sapiens.










Cómo se hace un libro. from Eujoa Artes Gráficas on Vimeo.



25/11/10

24/11/10

Ana María Matute "Premio Cervantes 2010"

ana_matute.jpg
Ana María Matute Ausejo, nada en Barcelona o 26 de xullo de 1925, é unha novelista catalá en lingua castelá. Obtivo o Premio Nacional de Literatura así como tamén o Premio Nadal, e o Premio Lazarillo. Ex profesora e escritora visitante das universidades de Oklahoma, Indiana e Virginia. Unha das voces máis persoais e illadas da literatura española e considerada a mellor novelista da postguerra civil.


OBRA LITERARIA
Novela
Los Abel (1948). Finalista do Premio Nadal
Fiesta al Noroeste (1952). Premio Café Gijón
Pequeño teatro (1954). Premio Planeta
Los niños tontos (1956)
En esta tierra (1958). Premio da Crítica
Los hijos muertos (1959). Premio Nacional de Literatura
Primera memoria (1959). Premio Nadal
Los soldados lloran de noche (1963). Premio Fastenrath 1964
La trampa (1970)
La torre vigía (1971)
El río (1973)
Luciérnaga (1993)
Olvidado rey Gudú (1996)
Aranmanoth (2000)
Historias de la Artamila


Relato
Paulina, el mundo y las estrellas (1956).
El país de la pizarra (1956)
Caballito loco (1961)
El polizón del Ulises (1965). Premio Lazarillo.
Sólo un pie descalzo (1984). Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil.
El saltamontes verde (1986)
La Virgen de Antioquía y otros relatos (colección de doce contos, 1990)
Don Payasito


LECTURALIA

21/11/10

Quijote interactivo

Na web da  Biblioteca Nacional de España está disponible un arquivo que contén a obra máis importante da literatura hispana en formato interactivo, preme na imáxe para acceder.


quijote_interactivo.JPG

7/11/10

Premio Edebé Literatura Infantil: “Meu irmán é un xenio”

  a_premio.jpg“Meu irmán é un xenio”


O mundo divídese en dous tipos de persoas: os xenios e os demais.
Iso é o que di a miña nai.
Entre os xenios, está o meu irmán.
Entre os demais, estou eu.
Claro que a miña nai non o di así, pero eu ben sei que o pensa.
Tamén o penso eu, a verdade.
Chámome Lola, teño dez anos e gústame o fútbol.


Autor:


Rodrigo Muñoz Avia -  Editorial: Edebé

Interesante Blog con suxerencias de lectura:

biblioteca_alex.JPG