19/9/10

Animando a ler... Geronimo Stilton.

geronimo.jpg


Máis famoso que Speedy González e Stuart Little. Nin Mickey Mouse e o Ratiño Pérez xuntos conseguen facerlle sombra a este intrépido roedor de nome Geronimo Stilton e de profesión reporteiro aventureiro.


Con case 40 aventuras publicadas, un libro de pasatempos, cómics e tres especiais con cheiros, (si, si, os libros cheiran, e podedes crerme se vos digo que só un neno pode aguantar o tufo dun auténtico bocadillo de xigante), este ratiño de orixe italiana conseguiu encandear aos nenos de 8 anos en diante .Non hai máis que asomarse ás páxinas dun dos seus libros para comprender o por que do seu éxito: rechamantes ilustracións, letras con distintas formas e cores e montañas de fantasía son os ingredientes cos que esta serie de libros triunfou no medio mundo.


Unha inmellorable forma de que os máis pequenos collan gusto pola lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario