Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
30/5/10
MAIS ACTIVIDADES VARIADAS PARA PRIMARIA:
O profesor J.A. del Olmo ten publicadas estas actividades no Portal Averroes da Xunta de Andalucía. As actividades non son somentes de Lingua senón tamén das diferentes áreas do curriculo.
XOGOS DE LINGUA PARA PRIMARIA: "En poucas palabras"
UN XOGO DE LINGUA:
Premendo na imáxe que aparece atoparás un xogo sobre diferentes partes do estudio da linguaxe: semántica, ortografía, literatura. Ponte un nome como personaxe e empeza a sumar puntos:
18/5/10
18 de Maio: DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Para conmemoralo, presentamos un pequeno video sobre os autores europeos que teñen obras expostas no MUSEO do PRADO(Madrid):
16/5/10
RECURSOS TIC PARA BIBLIOTECAS:
Nesta páxina pódense atopar varios recursos TIC útiles para o seu emprego nas bibliotecas escolares:
LIBRO SOLIDARIO: Manolo Rivas e Kalandraka
A Fundación Meniños e a Editorial Kalandraka colaboran na edición deste conto que reflicte a situación dos nenos en situación de desvantaxe social.
“...A Milu pareceulle que algo malo rodeaba
a súa casa. Era moi raro perder as cancións
e perder o bolso e perder o pan.
E mesmo os pais, ás veces perdíanse e non volvían á casa.
Pero ela tiña a Nana. Estaba todo o tempo soa con ela e non a perdería”
Así comeza Milu, a última incursión na literatura infantil da Editorial Kalandra, que colabora coa Fundación Meniños para editar un libro solidario, precisamente cando se celebra, este sábado, o Día da Familia. Trátase dun álbum infantil e solidario escrito por Manuel Rivas, con ilustracións de Aitana Carrasco, un relato tenro e sensíbel que reflicte a indefensión de Milú ante os problemas dos seus pais.
15/5/10
14/5/10
12/5/10
9/5/10
9 de Maio: 150 Aniversario do nacemento do autor de Peeter Pan
Hoxe, 9 de Maio é o 150 aniversario do nacemento do escritor escocés Sir James Matthew Barrie. J.M. Marrie, é coñecido, sobre todo, por ser o creador de Peter Pan, un neno que se nega a perder a maxia da infancia e tamén a medrar. . Xunto aos Nenos Perdidos, vive no País de Nunca xamais. Barrie inspirouse nun fillo da familia Llewelyn Davis, amigos do autor escocés, para crear ao seu famoso personaxe.
Premedo nesta imáxe accedes á biografía.
Convocadas axudas para a Mellora das Bibliotecas Escolares para o curso 2010/2011:
No DOGA do día 7 de Maío convócanse axudas para a Mellora das Bibliotecas Escolares que teñen unha contía económica importante. O plazo de solicitude remata o día 7 de Xuño.
Premendo na imáxe atoparedes máis información:
Bibliotecas Escolares de Galicia:
6/5/10
23 de Abril :"Día Internacional do Libro"
Se queres desenvolver actividades premendo na imáxe irás a unha páxina editada en LIM con exercicios variados: