Hoxe despertamos coa nova de que o escritor e Premio Cervantes 1994 Miguel Delibes finaba na súa casa de Valladolid á idade de 89 anos. Era o derradeiro referente das letras casteláns do século XX.
Gran coñecedor da fauna e flora da súa contorna xeográfica, apaixonado da caza e do mundo rural, soubo plasmar nas súas obras todo o relativo a Castela e á caza desde a perspectiva dunha persoa urbana pero que non perdera o contacto con ese mundo.
Trátase por tanto dunha das grandes figuras da literatura española posterior á Guerra Civil, polo cal foi recoñecido con multitude de galardóns, pero a súa influencia vai aínda máis aló, xa que varias das súas obras foron adaptadas ao teatro ou se levaron ao cine, sendo premiadas en certames coma o Festival de Cannes.
(Para acceder á súa Biografía preme na imáxe)
No hay comentarios:
Publicar un comentario