Na súa 30ª reunión en Paris no ano 1999, acordou proclamar o día 21 de Marzo coma "DÍA MUNDIAL DA POESÍA". Se premes na imáxe accederás á acta do acordo e os motivos que a levaron a esa decisión.
Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
19/3/10
RECITADO DUN POEMA DE AMADO NERVO:
17/3/10
ALUMNADO COLABORADOR BIBLIOTECA:
Coma en cursos anteriores un grupo de alumnos/as colaboran nas tarefas da Biblioteca. Este ano son: Beatriz, Laura, David, Fernando e Javier.
Amosamos aquí unhas imáxes:
16/3/10
Un portal de moita axuda: TRAVESÍA
Nesta web atópase todo tipo de lexislación relacionada coas bibliotecas, tamén hai documentos institucionais, publicacións e proporciona acceso libre e aberto a documentos en formato texto ou ben audiovisual:
Guía de Lectura do CEIP "Isaac Peral" de Ferrol:
A biblioteca do CEIP "Isaac Peral" permite acceder a unha completa guía de lectura tanto por idades como por temáticas concretas:
13/3/10
12 de Marzo de 2010- Morre o escritor MIGUEL DELIBES
Hoxe despertamos coa nova de que o escritor e Premio Cervantes 1994 Miguel Delibes finaba na súa casa de Valladolid á idade de 89 anos. Era o derradeiro referente das letras casteláns do século XX.
Gran coñecedor da fauna e flora da súa contorna xeográfica, apaixonado da caza e do mundo rural, soubo plasmar nas súas obras todo o relativo a Castela e á caza desde a perspectiva dunha persoa urbana pero que non perdera o contacto con ese mundo.
Trátase por tanto dunha das grandes figuras da literatura española posterior á Guerra Civil, polo cal foi recoñecido con multitude de galardóns, pero a súa influencia vai aínda máis aló, xa que varias das súas obras foron adaptadas ao teatro ou se levaron ao cine, sendo premiadas en certames coma o Festival de Cannes.
(Para acceder á súa Biografía preme na imáxe)
4/3/10
LECTURA EN VOZ ALTA- HORA DE LER:
Video premiado dunha experiencia realizada nun colexio arxentino.
1/3/10
8 de Marzo Día da Muller Traballadora:
O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora ou tamén Día Internacional da Muller. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade, co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Para ver actividades que se poden levar adiante ese día, nesta páxina hai moitas posibilidades: