1/1/10

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL:

Como xa se anunciou en diversos medios, a UNESCO estreou a Biblioteca Dixital Mundial, co obxectivo de conservar o patrimonio cultural da Humanidade.


Dende aquí parécenos que é importante pór o noso grao de area no labor de darlle a maior difusión posible.


No momento da súa apertura, esta Biblioteca Dixital conta xa con once millóns de documentos dixitalizados. E sen dúbida irá aumentando o seu fondo aos poucos. Nela podemos atopar libros, manuscritos, mapas, gravacións sonoras, partituras de música, películas, fotografías e gravados.


innovasocial_l-unesco.bmp

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER

Grazas ao acordo que asinaron en 2007 a UNESCO e a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, esta gran Biblioteca Dixital Mundial dixitalizará material de alto valor cultural de bibliotecas e institucións culturais do mundo enteiro. E será accesible para todo o mundo de forma gratuíta.


Non é a primeira iniciativa deste estilo que se pon en marcha. Xa hai unha biblioteca dixital da Unión Europea, Europeana, que leva funcionando 2 anos e reúne uns seis millóns de documentos dixitalizados, pero de contido restrinxido ao ámbito europeo.


O sitio en Internet permite acceder aos documentos en seis idiomas: árabe, chinés, español, francés, inglés, ruso e portugués.


A páxina de acceso xeral conta cun sistema de navegación e procura segundo lugar, data, país, tema e institución que uno estea a buscar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario