10/12/09

Diccionario Temático e Visual en castelán:

 


O obxectivo desta web_diccionario é facilitar a aprendizaxe do vocabulario e  a comprensión lectora no alumnado de Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, tamén para nenos/as que teñan descoñecemento do idioma.


Premendo na imáxe accederás a él:


 leoleo.jpg


 

9/12/09

Contra a discriminación e a violencia de xénero:

Porque estamos a favor da Igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres e en contra de toda discriminación; dende a nosa biblioteca unímonos a tódalas Bibliotecas Escolares da Galicia amosando este simbólico lazo.


lazo.jpg


Teremos como obxectivo seleccionar lecturas que tanto nas súas ilustracións coma nos seus textos  fomenten a coeducación e a igualdade.

APRENDO A ESTUDIAR:

Rebuscando pola rede apareceu unha páxina moi interesante para poder aproveitar ben o tempo cando nos poñemos a estudiar... non deixes de visitala premendo na imáxe que aparece abaixo:


aprende_a_estudiar.JPG

7/12/09

Ler gustanos...








Obxectivos dunha Biblioteca Escolar para a UNESCO:

As bibliotecas cumpren unha importante función nas escolas e na sociedade, por que se encargan de traballar cos nenos, axudándoos a desenvolver as habilidades de lectura e escritura, necesarios para o seu crecemento integral. Con todo, para acadar a súa misión debe de establecer políticas de acción que lle permitan proporcionar servizos e productos informativos didácticos e útiles para os nenos.


cartel_biblio1.jpg

 


Entre os obxectivos que teñen que cumprir estas unidades de información, a UNESCO estableceu os seguintes:




  • Apoiar e realizar os obxectivos do proxecto educativo do centro escolar e do plan de estudos; 



  • Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida; 



  • Ofrecer oportunidades para realizar experiencias de creación e utilización de información a fin de adquirir coñecementos, comprender, desenvolver a imaxinación e entreterse; 



  • Prestar apoio a todos os alumnos para a adquisición e aplicación de capacidades que permitan avaliar e utilizar a información, independentemente do seu soporte, formato ou medio de difusión, tendo en conta a sensibilidade ás formas de comunicación que existan na comunidade; 



  • Facilitar o acceso aos recursos e posibilidades locais, rexionais, nacionais e mundiais para que os alumnos teñan contacto con ideas, experiencias e opinións varias; 



  • Organizar actividades que estimulen a concienciación e a sensibilización no plano cultural e social; 



  • Traballar co alumnado, o profesorado, a administración e as familias para realizar o proxecto educativo do centro escolar; proclamar a idea de que a liberdade intelectual e o acceso á información son fundamentais para exercer a cidadanía e participar nunha democracia con eficiencia e responsabilidade; 



  • Fomentar a lectura e promover os recursos e servizos da biblioteca escolar dentro e fóra do conxunto da comunidade escolar.



 


 Estes obxectivos están orientados a lograr unha maior comunicación entre os membros da comunidade escolar, co único obxectivo de lograr que os nenos poidan aprender e desenvolver os seus coñecementos en función a unha base forxada no ensino da lectura e a escritura, a través das actividades de promoción da lectura, así como cumprir cos obxectivos do sistema educativo nacional.