Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
4/4/14
2 de Abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Dende 1967, e coincidindo cos aniversarios de Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar a lectura entre os máis novos.
Do mesmo xeito que outros anos, a biblioteca súmase a esta festa literaria cun recordo para a vida e a obra do gran autor universal e unha proposta creativa para axudar aos máis pequenos a valorar a importancia da imaxinación e das palabras no traballo creativo dos escritores.
16/3/14
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA.
Do 10 ao 14 de Marzo celebrouse a Semana da Prensa na Escola desenvolvendo actividades diversas: listado das seccións dun xornal, búsqueda de novas relacionadas coa comarca, tamén a nova máis alonxada de nós, e centrouse o traballo nos aspectos que debe recoller unha nova.
Os nenos, tiveron tamén como apoio ao seu traballo, a visualización deste video onde se explica a estructura da noticia.
Os nenos, tiveron tamén como apoio ao seu traballo, a visualización deste video onde se explica a estructura da noticia.
10/3/14
DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
Ademáis da conmemoración que sempre se fai nos Ciclos deste día tan importante, este ano o Concello das Pontes colaborou co colexio e o alumnado puido disfrutar dunha representación teatral na que se trataban de desmontar os estereotipos sociais.
VIDEO : O LIBRO DOS PORCOS
23/2/14
CULTURA POPULAR: O LIÑO
O alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria foi convidado, a mediados de Febreiro, polo Concello das Pontes a asistir a unha xornada na que se lles explicou o proceso de obtención desta fibra e tamén o nome das ferramentas necesarias para manipular a planta e chegar ao fío de liño.
Tamén puideron facer uso das rudimentarias máquinas que empregan:
Tamén puideron facer uso das rudimentarias máquinas que empregan:
31/1/14
Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA.
Fíxose unha mostra de libros sobre o tema na biblioteca e os nenos traían tamén para as súas clases contos nos que se resaltasen valores e sobre todo a vida en paz na nosa sociedade e tamén no mundo.
Por ciclos o alumnado preparou murais que despois adornaron as paredes do colexio. Aquí vemos a un grupo de nenos de Educación Infantil cunha pomba feita coas siluetas recortadas das súas mans.
O Día da Paz veñen comer ao comedor do colexio pais e nais de nenos e nenas elexidos ao chou e antes de comezar a comida interprétase, por parte de todo o alumnado, unha canción alusiva ao tema da PAZ.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)