16/3/14

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA.

Do 10 ao 14 de Marzo celebrouse a Semana da Prensa na Escola desenvolvendo actividades diversas: listado das seccións dun xornal, búsqueda de novas relacionadas coa comarca, tamén a nova máis alonxada de nós,  e centrouse o traballo nos aspectos que debe recoller unha nova.



Os nenos, tiveron tamén como apoio ao seu traballo, a visualización deste video onde se explica a estructura da noticia.

RECUNCHO DA PRENSA

A biblioteca do centro dispón dunha zona onde se pode consultar prensa e revistas educativas.


10/3/14

DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Ademáis da conmemoración que sempre se fai nos Ciclos deste día tan importante, este ano o Concello das Pontes colaborou co colexio e o alumnado puido disfrutar dunha representación teatral na que se trataban de desmontar os estereotipos sociais.



VIDEO : O LIBRO DOS PORCOS

Este video foi montado pola Biblioteca Victor Saen.

23/2/14

CULTURA POPULAR: O LIÑO

O alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria foi convidado, a mediados de Febreiro,  polo Concello das Pontes a asistir a unha xornada na que se lles explicou o proceso de obtención desta fibra e tamén o nome das ferramentas necesarias para manipular a planta e chegar ao fío de liño.

Tamén puideron  facer uso  das rudimentarias máquinas que empregan:



31/1/14

Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA.

Fíxose unha mostra de libros sobre o tema na biblioteca e os nenos traían tamén para as súas clases contos nos que se resaltasen valores e sobre todo a vida en paz na nosa sociedade e tamén no mundo.


Por ciclos o alumnado preparou murais que despois adornaron as paredes do colexio. Aquí vemos a un grupo de nenos de Educación Infantil cunha pomba feita coas siluetas recortadas das súas mans.

O Día da Paz veñen comer ao comedor do colexio pais e nais de nenos e nenas elexidos ao chou e antes de comezar a comida interprétase, por parte de todo o alumnado, unha canción alusiva ao tema da PAZ.

23/12/13

Nadal 2013

Coma todos os anos o festival de Nadal ten moi boa acollida na nosa comunidade escolar. Grupos de nenos de Primaria prepararon obras de teatro. Aquí vemos aos nenos e nenas de Segundo de Primaria  representando "A árbore de Nadal",  coa mensaxe clara de defensa das árbores e do medio ambiente.

Outros nenos recitaron ou cantaron Panxoliñas.