Neste xogo cos contos, ao redor do seu mundo, se vos interesa é posible contar coa vosa participación. Mediante Google Maps creouse un mapa colaborativo que se titula "A volta ao mundo en 80 contos." No mapa inicial aparecen soamente 23 relatos. Coa túa valiosa axuda podemos completar a lista de contos, até chegar á cifra de Julio Verne. Así, dalgunha maneira lembrariamos ao gran novelista francés. E servirá para difundir e compartir as historias populares do noso mundo, de calquera continente ou país. O mapa pódese completar con imaxes, audio e vídeo, para que esta viaxe mereza ser contado e lembrado.. Ademais do título do conto e o seu lugar de procedencia, anota se queres o teu nome. Anímate e colabora!
Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
5/12/10
AS TICS TAMÉN PODEN MOTIVAR A LEER:
Todo o esforzo da escola debe estar moi centrado na animación á lectura e a comprensión do texto lido para despois poder pasar á producción de textos propios.
As Tics poden axudar tamén a que os nenos se atopen motivados para ler, así o ven a dicir o artigo do blog publicado lo blog Educac con Tic ao que podes acceder premendo sobre esta imáxe:
4/12/10
OQO, libros que atraen aos nenos:
A editorial OQO ten unha colección de libros que son moi atractivos para os nenos de Educación Infantil. As súas ilustracións son innovadoras e os textos sinxelos e doados de entender.
Aquí temos unhas imáxes de portadas de esa colección:
2/12/10
Suscribirse a:
Entradas (Atom)