Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
10/5/15
17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE
Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Xosé Fernando Filgueira Valverde. Para coñecer a súa vida e obra podes consultar o material elaborado polo Seminario do Ceip Galán de Arteixo.
7/5/15
IV CENTENARIO SEGUNDA PARTE QUIXOTE
Neste ano 2015 celébrase o IV Centenario da publicación da segunda parte do Quixote de Miguel de Cervantes.
ACTIVIDADES ARREDOR DA OBRA DE MIGUEL DE CERVANTES
EDUCACIÓN INFANTIL:
Nenos e nenas de Educación Infantil acudiron á Biblioteca para desenvolver diferentes actividades relacionadas co Quixote. Aquí temos unhas imaxes:
Asistiron á proxección dun capítulo da obra en debuxos animados. |
Ordenaron as secuencias do capítulo. |
Con xogos de sombras foron asociando personaxes. |
Fixeron xogos de memoria. |
Colocaron os nomes dos personaxes... |
Escribiron con pluma coma Miguel de Cervantes. |
Xogaron a recoñecer diferentes personaxes da obra que se lles amosaban en siluetas. |
Nenos e nenas maiores contaron contos aos máis pequenos no patio do colexio |
Os nenos máis maiores asistiron a unha mostra de libros, escolleron o seu libro favorito e explicaron as razóns polo que lles resultaba atractivo.
Exposición exemplares do Quixote:
Unha zona da biblioteca habilitouse para expoñer diferentes versións do Quixote, obras completas e tamén versións en comic por capítulos para os máis pequenos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)