10/5/15

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Xosé Fernando Filgueira Valverde. Para coñecer a súa vida e obra podes consultar o material elaborado polo Seminario do Ceip Galán de Arteixo.

7/5/15

IV CENTENARIO SEGUNDA PARTE QUIXOTE

Neste ano 2015 celébrase o IV Centenario da publicación da segunda parte do Quixote de Miguel de Cervantes.

ACTIVIDADES ARREDOR DA OBRA DE MIGUEL DE CERVANTES


EDUCACIÓN INFANTIL:
Nenos e nenas de Educación Infantil acudiron á Biblioteca para desenvolver diferentes actividades relacionadas co Quixote. Aquí temos unhas imaxes:
Asistiron á proxección dun capítulo da obra en debuxos animados.

Ordenaron as secuencias do capítulo.
Con xogos de sombras foron asociando personaxes.
Fixeron xogos de memoria.
Colocaron os nomes dos personaxes...



Escribiron con pluma coma Miguel de Cervantes.

Xogaron a recoñecer diferentes personaxes da obra que se lles amosaban en siluetas.
Nenos e nenas maiores contaron contos aos máis pequenos no patio do colexio

Os nenos máis maiores asistiron a unha mostra de libros, escolleron o seu libro favorito e explicaron as razóns polo que lles resultaba atractivo.


Exposición exemplares do Quixote:

Unha zona da biblioteca habilitouse para expoñer diferentes versións do Quixote, obras completas e tamén versións en comic por capítulos para os máis pequenos.

Murais e decoración

Mural de Primaria e entrada da Biblioteca 





DESAFORADOS GIGANTES (EL QUIJOTE de MIGUEL de CERVANTES)

14/4/15

Morre Eduardo Galeano o 13 de Abril de 2015

O escritor uruguaio Eduardo Galeano (3 de setembro de 1940) morreu en Montevideo (Uruguai), a súa cidade natal, aos 74 anos. Galeano, escritor e xornalista, é coñecido pola súa obra esencial As veas abertas de América Latina, que escribiu en 1971, pero tamén polo seu medio centenar de libros nos que trataba o documental, a ficción e o xornalismo.


OBRAS:
A súa obra é moi ampla destacando "Las venas abiertas de América latina", "Los hijos de los días", "La canción de nosotros", "Memoria del fuego", "Úselo y tírelo"  e moitas máis, todas elas dunha calidade literaria enorme.

PREMIOS:
En setembro de 2010 recibiu o premio Stig Dagerman, un dos máis prestixiosos galardóns literarios en Suecia, entregado anualmente pola Sociedade Stig Dagerman a aquel escritor que na súa obra recoñece a importancia da liberdade da palabra mediante a promoción da comprensión intercultural.

Galeano foi distinguido co galardón por estar "sempre e de forma inquebrantable ao lado dos condenados", por escoitar e transmitir o seu testemuño mediante a poesía, o xornalismo, a prosa e o activismo"

12/3/15

VISITA DE MARCOS CALVEIRO

O día 10 de Marzo recibimos no colexio a visita de Marcos Calveiro, autor do libro PALABRAS DE AUGA, que leron os alumnos de quinto e sexto de Primaria.

Marcos estivo falando cos nenos arredor da temática do libro e ao remate da súa exposición asinou os exemplares que tiña o alumnado.
Os nenos prepararon para a ocasión un mural coa biografía do autor e a súa obra.

Aquí vemos algunhas imaxes da intervención de Marcos :


RESUME DA OBRA "PALABRAS DE AUGA":
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.