Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
27/6/14
MORRE, O 25 DE XUÑO, A ESCRITORA ANA MARÍA MATUTE
A escritora Ana María Matute, premio Cervantes en 2010, académica e unha das grandes autoras da posguerra, faleceu este mércores, 25 de Xuño, no seu domicilio de Barcelona a un mes de cumprir 89 anos. Hai só uns meses, foi a encargada de entregar a última edición do premio Nadal na súa cidade, onde nacera o 26 de xullo de 1925.
A literatura realista, fantástica e infantil foron o tres vertentes que caracterizaron a súa obra cun estilo de aparente sinxeleza que escondía a complexidade do ser humano. Matute acababa de entregar á editorial Destino a súa nova novela: Demos familiares, prevista para setembro.
"O seu papel foi relevante na posguerra desde o punto de vista sociolóxico, pola súa condición de muller que xogou un papel importante ao abrirse paso nun mundo machista, e literario ao reflectir a realidade a través de liñas duras e poéticas con doses de ironía", asegura Emili Rosales, editor de Destino.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)