31/1/14

Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA.

Fíxose unha mostra de libros sobre o tema na biblioteca e os nenos traían tamén para as súas clases contos nos que se resaltasen valores e sobre todo a vida en paz na nosa sociedade e tamén no mundo.


Por ciclos o alumnado preparou murais que despois adornaron as paredes do colexio. Aquí vemos a un grupo de nenos de Educación Infantil cunha pomba feita coas siluetas recortadas das súas mans.

O Día da Paz veñen comer ao comedor do colexio pais e nais de nenos e nenas elexidos ao chou e antes de comezar a comida interprétase, por parte de todo o alumnado, unha canción alusiva ao tema da PAZ.