Coma todos os anos o festival de Nadal ten moi boa acollida na nosa comunidade escolar. Grupos de nenos de Primaria prepararon obras de teatro. Aquí vemos aos nenos e nenas de Segundo de Primaria representando "A árbore de Nadal", coa mensaxe clara de defensa das árbores e do medio ambiente.
Outros nenos recitaron ou cantaron Panxoliñas.
Actividades e novas relacionados co mundo da lectura e da cultura en xeral.
23/12/13
21/11/13
SEMANA DA MÚSICA
Realizáronse diferentes actividades que remataron nunha exposición de instrumentos feitos polos nenos coa axuda das súas familias
e tamén coa actuación da Banda Municipal e do grupo Folk "No Cómbaro"
Tamén tivemos a actuación do grupo "OS MUSICREQUES" que representaron "O CREBANOCES"
13/11/13
CENTENARIO DE ALBERT CAMUS
Albert
Camus, nado en Deraan (Alxeria)
o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés, un
dos principais membros (con Jean-Paul Sartre) do existencialismo. Toda a súa obra orixinal está escrita en francés, hoxendía hai obras súas traducidas a moitos idiomas entre eles ao galego.
ALGUNHAS DAS
SÚAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES SON:
· O estranxeiro, 1942.
Tradución ao galego de Valentín
Arias López (1990).
· Caligula, 1944.
· Le Malentendu, 1944.
· La Peste, 1947.
· L'État de siège, 1948.
· Lettres à un ami allemand, 1948.
· Os xustos (Les
Justes), 1950.
11/11/13
TRABALLANDO AS EMOCIÓNS: O MEDO
Con motivo da festa do Samaín, o equipo docente do centro decidíu traballar unha das emocións que máis "atrae" aos nenos: O MEDO.
Pasáronse suxerencias de decoración dos espazos, fíxose unha mostra de libros de medo e terror e os nenos debuxaron nun papel os seus medos que despois foron depositados no "COMEMEDOS".
Os máis pequenos viron a proxección do conto: "A BRUXA REGAÑADENTES"
Pasáronse suxerencias de decoración dos espazos, fíxose unha mostra de libros de medo e terror e os nenos debuxaron nun papel os seus medos que despois foron depositados no "COMEMEDOS".
Os máis pequenos viron a proxección do conto: "A BRUXA REGAÑADENTES"
9/11/13
UN ESPAZO PARA OS MÁIS PEQUENOS...
Unha vez que se pintou e se acomodaron de novo os móbeis, preparouse unha zona onde o alumnado de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Primaria pode facer uso da Biblioteca nun entorno cómodo e agradable. Aquí temos unhas imaxes de cómo quedou e tamén dos nenos disfrutando coa lectura.
No curso 2012-2013 fíxose un traballo de espurgo, nova codificación dos libros e iniciouse a informatización da Biblioteca que xa vai avanzando.
No aspecto físico tamén tivo cambios xa que se pintou e se lle engadíu un espazo para os máis pequenos.
Os obxectivos para este curso son os seguíntes:
·
Dinamizar os fondos da
biblioteca do centro.
·
Desenvolver a imaxinación e a creatividade a
través dos recursos que ofrece a biblioteca.
·
Dar responsabilidades aos alumnos
e alumnas na xestión da biblioteca escolar.
·
Aprender a buscar, organizar e aplicar a información
dispoñible.
·
Informatizar a xestión
da Biblioteca utilizando o Proxecto Meiga.
·
Dotar a biblioteca de recursos
TICs.
·
Dotar de carné bibliotecario
aos alumnos/as e mestras.
29/4/13
DÍA DO LIBRO 2013
Os máis pequenos fixeron unha actividade arredor duns contos ben coñecidos por eles onde dispoñían dunhas tarxetas cos personaxes dos contos e na hora do recreo tiñan que xuntarse con outros nenos, que podían ser doutras clases, e que tiñan os personaxes do conto. A actividade tiña por nome: "Cada ovella coa súa parella"
Despois, na Biblioteca, tiñan que meter cada personaxe na caixa do conto que lle correspondía.
O alumnado de primaria dispoñía de pistas escritas que tiña que ir consultando cos compañeiros para dan cun determinado personaxe ou título de libro.



Despois, na Biblioteca, tiñan que meter cada personaxe na caixa do conto que lle correspondía.
O alumnado de primaria dispoñía de pistas escritas que tiña que ir consultando cos compañeiros para dan cun determinado personaxe ou título de libro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)