1/12/11

PREMIO CERVANTES 2011: NICANOR PARRA

O poeta e ensaísta chileno Nicanor Parra levouse o Premio Cervantes 2011, galardón dotado de 120.000 euros e que é concedido polo Ministerio de Cultura de España.

Parra, de 97 anos de idade, naceu no seo dunha modesta familia en San Fabián de Alico. O galardoado poeta foi profesor de Matemáticas no Liceo de Chillán e na Universidade de Chile, en 1938, e durante varios anos viviu en Estados Unidos e Inglaterra. Regresou ao seu país en 1951.

Xa nos seus 30, inicia a súa carreira como escritor dedicado ao conto e ao ensaio. A súa primeira obra publicada foi o libro de poemas 'Cancionero sen nome'.

Nicanor Parra é considerado como o creador da denominada "antipoesía", cuxa mostra máis sobresaliente é 'Poemas e antipoemas' de 1954.

Entre as súas obras máis resaltantes están; 'A cueca longa', 'Versos de salón', 'Os profesores', 'Artefactos', 'Sermóns e prédicas do Cristo de Elqui', 'O anti-Lázaro', 'Chistes para desorientar á poesía', 'Poesía política', 'Páxinas en branco' ou 'Discursos de sobremesa'.

O ensaísta chileno fíxose co Nacional de Literatura de Chile por 'Obra grosa' en 1969. Xa en 1991 foi galardoado por segunda vez no seu país e obtivo o Premio Internacional Juan Rulfo. No 2000 recibiu o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana e en 2010 foi finalista ao Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Videos do premio Cervantes 2011- Nicanor Parra