23/1/11

ACHÉGASE O DÍA DA PAZ:

dia_paz.JPGComa tódolos anos ao remate do mes de Xaneiro celébrase o  Día Escolar da Paz e da Non Violencia aquí temos unha ligazón ás actividades elaboradas por Belen Junquera no seu blog "Casa de Tolos", interesante para nenos e nenas do Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria.

8/1/11

PREMIO NADAL 2011:

alicia_gimenez_bartlett.jpgComo ben sabedes, o día de Reyes péchase cun dos máis recoñecidos premios literarios, que ten quizais un sabor especial pola data tan sinalada na que se outorga. Neste ano que acaba de comezar, o LXVII Premio Nadal levouno Alicia Giménez Bartlett cunha novela titulada Onde ninguén te atope. leva así o dezaoito mil euros cos que está dotado e imponse desta maneira ás 284 novelas que competían por el.


Na novela nárrase a historia de Teresa Plà Meseguer, unha bandoleira alcumada "A Pastora" e que  trata dun personaxe real. A historia desta muller que loitou cos maquis, máis por vinganza que por ideoloxía, cóntase a través dun psiquiatra francés e un xornalista catalán, e para que vos fagades unha idea, estaba acusada de vinte e nove asasinatos e tiña fama de sanguinaria. Alicia asegura que a idea xa lle levaba roldando pola cabeza dende fai dez anos, pero que só ao ler un ensaio dun escritor local decidiuse a escribir a novela.