11/12/10

AUDIOLIBROS GRATIS:

No portal "albalearning.com" podemos atopar numerosos títulos para escoitar. Agora que se achega o Nadal ten unha sección adicada a contos e obras relacionadas con esas datas.


alba_lear.JPG

8/12/10

GUIAS DE LECTURA:

Do blogue da Biblioteca do CEIP "Isaac Peral" de Ferrol tomo estas dúas ligazóns a Guías de Lectura:


POR CICLOS


guias_ciclos.JPG


POR TEMAS


guias_temas.JPG

FONDO LECTOR:

Unha aplicación para traballar a comprensión lectora, sinónimos e antónimos, ordenar palabras para formas frases ...etc:


fondo_lector1.JPG

5/12/10

A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS:

Neste xogo cos contos, ao redor do seu mundo, se vos interesa é posible contar coa vosa participación. Mediante Google Maps creouse un mapa colaborativo que se titula "A volta ao mundo en 80 contos." No mapa inicial aparecen soamente 23 relatos. Coa túa valiosa axuda podemos completar a lista de contos, até chegar á cifra de Julio Verne. Así, dalgunha maneira lembrariamos ao gran novelista francés. E servirá para difundir e compartir as historias populares do noso mundo, de calquera continente ou país. O mapa pódese completar con imaxes, audio e vídeo, para que esta viaxe mereza ser contado e lembrado.. Ademais do título do conto e o seu lugar de procedencia, anota se queres o teu nome. Anímate e colabora!


vuelta_al_mundo_cuentos.JPG


EDUCACONTIC

AS TICS TAMÉN PODEN MOTIVAR A LEER:

Todo o esforzo da escola debe estar moi centrado na animación á lectura e  a comprensión do texto lido para despois poder pasar á producción de textos propios.


As Tics poden axudar tamén a que os nenos se atopen motivados para ler, así o ven a dicir o artigo do blog publicado  lo blog Educac con Tic ao que podes acceder premendo sobre esta imáxe:


cartel_recortado.JPG

Un interesante documento...

libros_011.jpg

4/12/10

OQO, libros que atraen aos nenos:

A editorial OQO ten unha colección de libros que son moi atractivos para os nenos de Educación Infantil. As súas ilustracións son innovadoras e os textos sinxelos e doados de entender.
Aquí temos unhas imáxes de portadas de esa colección:





O NOSO PAPEL ¡ANIMAR A LER!