19/6/10

MORRE O NOBEL : JOSÉ SARAMAGO

saramago.jpg

José de Sousa Saramago (Azinhaga, Santarém, Portugal, 16 de novembro de 1922 - Tías, As Palmas, España, 18 de xuño de 2010) foi un escritor, novelista, poeta, xornalista e dramaturgo portugués. Membro do Partido Comunista Portugués desde 1969. En 1998 foille concedido o Premio Nobel de Literatura. A Academia Sueca destacou a súa capacidade para «volver comprensible unha realidade efémera, con parábolas sostidas pola imaxinación, a compaixón e a ironía».


Ten unha extensa obra literaria na que destacan:


A maior flor do mundo (La flor más grande del mundo, relato infantil)


Ensaio sobre a Cegueira (Ensayo sobre la ceguera)

A Viagem do Elefante (El viaje del elefante)


 








CONCURSO DE RELATOS CURTOS:

No concurso de JOVENES ESCRITORES, no apartado de relatos breves resultaron premiados/as os/as seguintes alumnos/as de CUARTO CURSO DE ENSINO PRIMARIO:
Diego Calvo Filgueiras, Antonio Dopico Barro, Alicia López Couceiro e Eugenia María Villar Seijo. A profesora encargada de animar á participación é a súa títora: Mª Carmen Anca Fernández.


Os relatos non podían conter máis de 72 palabras e o premio é a súa publicación nun libro de relatos.




CERTAME LITERARIO "AS BOLIQUEIRAS":

Neste certame literario resultaron premiados os seguintes traballos.
DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 ANOS: "PRINCIPES E PRINCESAS"


principes-e-princesas.JPG


DE PRIMEIRO CURSO DE ENSINO PRIMARIO:"CARLA E TAQUESIGODA"
carla_blog.JPG

13/6/10

CENTENARIO DO NACEMENTO DE GONZALO TORRENTE BALLESTER:

torrente.jpg


Con motivo da conmemoración do primeiro centenario do nacemento de Gonzalo Torrente Ballester a Fundación que leva o seu nome quere recordar e achegar a figura do autor galego aos cidadáns mediante unha serie de iniciativas divulgativas e científicas nas que se potenciarán o estudo e a investigación sobre a obra de GTB.


·Ciclos de conferencias nas que se tratarán os distintos aspectos da súa vida e da súa obra.
·Exposicións relacionadas coa vida e a obra de Gonzalo Torrente Ballester.
·Congresos e xornadas científicas sobre as distintas facetas da súa traxectoria profesional.
·Publicación de edicións de obras de Gonzalo Torrente Ballester.
·Presentación de libros sobre a obra do autor.
·Realización do documental GTBxGTB, para achegar ao público a figura do escritor.
·Dixitalización do arquivo sonoro do autor.

ALMACEN DE CONTOS:

Ordenados alfabéticamente nesta páxina atópanse multitude de contos aos que pode acceder o alumnado para a practica da lectura:


almacen_contos.JPG